Libraría

Afinidades Electivas 2026: encontro literario con Irene Pujadas e Xaime Martínez

O venres 2 de outubro ás 19:00h celebrarase en NUMAX o encontro literario con Irene Pujadas e Xaime Martínez enmarcado dentro do programa Afinidades Electivas. A actividade está promovida pola Subdirección Xeral de Promoción do Libro, da Lectura e das Letras Españolas do Ministerio de Cultura.

Irene Pujadas i Farré (Sant Just Desvern, 1990) vive en Barcelona. Traballou cinco anos na revista butxaca e escribiu para medios como Ara Llegim, La Llança ou La lectora. É unha das tres fundadoras da revista BRANCA. En 2020 gañou o premio Documenta con Els desperfectes, unha recopilación de contos que recibiu tamén o Premio Cidade de Barcelona; no verán de 2024. O relato que lle dá título ao conxunto publicouse na revista The New Yorker. La intrusa (H&O, 2025) é a súa primeira novela. Actualmente traballa en Angle Editorial. Algún día traballará nunha funeraria.

Xaime Martínez (Uviéu, 1993) é autor dos poemarios en castelán Fuego cruzado (Hiperión, 2014: Premio de Poesía Joven «Antonio Carvajal») e Cuerpos perdidos en las morgues (Ultramarinos, 2018: Premio Nacional de Poesía Joven «Miguel Hernández»). En asturiano publicou o poemario Hibernia (Ediciones Saltadera, 2017) e Pábilun · Pábilun (Ultramarinos, 2025: con tradución ao castelán de Fruela Fernández). Os seus poemas foron traducidos ao inglés, ao sueco e ao catalán. É autor da novela La fuercia (Hoja de Lata, 2021), traducida tamén ao castelán: La fuerza (Malastierras, 2023).