Daniel Salgado presenta o libro «Poemas realistas» na Libraría NUMAX
O escritor e xornalista Daniel Salgado presenta Poemas realistas (Apiario) na Libraría NUMAX o vindeiro mércores 11 de decembro ás 20:00h. O autor estará acompañado da editora Antía Otero e do escritor Alberto Lema. A entrada é libre ata completar aforo.
Poemas realistas é a nova entrega de Daniel Salgado, un poeta fundamental na poesía galega última, e nela explora as posibilidades do poema como testemuña dunha época ou a devoración dunha época que impón o poema. Non hai elección posible, hai sangue e lama e, malia todo, onde estea a mazaira vella, aí finalmente estará a nosa fráxil condición política.
Por que ler?
-Porque neste libro a lectora atravesará poemas de longo alento.
-Porque nel materia vermella e tipografía son portas de entrada.
-Porque o poema gabea pola linguaxe que se esgota e apela ao cansanzo.
-Porque a noite déitase sobre occidente e a nós pésanos a pel.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
As margaridas
VOSE
-
-
No Other Land
VOSE
-
-
Emilia Pérez
VOSE
-
-
Bird
VOSG