Lara Dopazo Ruibal presenta o libro «Contos gringos» na Libraría NUMAX
A libraría NUMAX acolle a presentación do libro Contos gringos (Galaxia Editorial) de Lara Dopazo Ruibal o xoves 21 de novembro ás 19h00. A autora estará acompañada polo xornalista e escritor Alberto Mancebo. A entrada é libre ata completar aforo.
Nestes Contos gringos hai tornados, campos de millo, animais salvaxes, reptilianos, mortes inesperadas e moito, moito frío. Unha ducia de relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos. Desacougo e violencia, fenómenos naturais e segredos, bestas animais e bestas humanas. A realidade e o sobrenatural mestúranse, ata que é imposible distinguilos.
Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo. Publicou as obras Os lobos na casa de Esaú (2017), Claus e o alacrán (2018) e O axolote e outros contos de bestas e auga (Premio Illa Nova de Narrativa, 2020), entre outras obras. Tamén traduciu para o galego a poeta Antonia Pozzi en Lume branco (2021). Entre 2021 e 2023 viviu en Iowa, fonte de inspiración para esta obra. Foto: Nicolás Gerardi
- hoy
- Ver más