Cinema

Proxección de «Amílcar» e coloquio en liña con Miguel Eek

O vindeiro luns 19 de outubro ás 19:00h tes unha nova cita co ciclo Os ollos verdes e a proxección do documental Amílcar, retrato do célebre dirixente revolucionario panafricanista Amílcar Cabral. A sesión contará cun coloquio posterior co seu director, Miguel Eek.

A segunda cita do mes de outubro co ciclo Os ollos verdes vainos aproximar á apaixonante figura de Amílcar Cabral, enxeñeiro agrónomo, escritor e dirixente revolucionario dos procesos de independencia de Guiné Bissau e Cabo Verde. O documental Miguel Eek ofrece en Amílcar un retrato poliédrico do moitas veces alcumado como o Che Guevara africano, apoiado en imaxes rescatadas de vellos Súper 8 e en informes policiais. O filme chega á nosa pantalla tras un exitoso percorrido en festivais que inclúe o premio a mellor filme no Play-Doc de Tui. A proxección do filme irá seguida dun coloquio en liña co seu director.

Acada 1 crédito ECTS da USC 

Recorda que se estudas na USC podes acadar 1 crédito ECTS asistindo ás proxeccións do ciclo. Ademais, coa túa inscrición poderás gozar destas proxeccións cunha tarifa especial reducida de 4,5€. Só tes que seguir os seguintes pasos:

  • Solicita a túa tarxeta do ciclo na billeteira da sala e pide que che selemos cada visionado do ciclo.
  • Asiste ás proxeccións dos títulos etiquetados como Os ollos verdes ou Repertorio. 
  • Ao completar 10 visionados elabora o teu traballo (elixe unha das opcións)
    - Texto: mínimo 5.000 caracteres (con espazos)
    - Vídeo: entre 2 e 15 minutos
  • Envía o teu traballo a [email protected]