A Libraría NUMAX vai á SELIC do 3 ao 12 de outubro!

A Libraría NUMAX sae á rúa do venres 3 ao domingo 12 de outubro para participar na SELIC, que se celebrará na Praza da Quintana. O horario será de luns a venres de 17h00 a 21h00h e na fin de semana de 11h30 e 14h30h e de 17h00 a 21h00. A Libraría permanecerá pechada durante as fins de semana da SELIC.
Volve a Semana do Libro de Compostela (SELIC), un espazo que reúne os principais axentes do libro da cidade de Santiago de Compostela. Agardámoste na Praza da Quintana do 3 ao 12 de outubro cunha escolla representativa da nosa libraría composta de fondo e novidades feita con moito agarimo.
A programación contempla novas formas de lectura como edicións en braille ou literatura fácil, ademais de actividades híbridas. A feira reunirá voces diversas como Andrea Nunes Brións, Eli Ríos, Gemma Ruiz Palà, Teresa Moure, Miren Billelabeitia, Faia Díaz, Eva Veiga ou Bob Pop, combinando presentacións de libros, charlas, talleres creativos, recitais e concertos. Podedes saber máis destas e doutras actividades no programa completo desta SELIC. Vémonos na Quintana!