Intersección | Alejandra Pombo Su
Sesión dedicada á obra de Alejandra Pombo Su, galardoada co Premio NUMAX Exhibición no Festival Intersección 2021. Presentación e coloquio coa directora. Ler máis
Sesión dedicada á obra de Alejandra Pombo Su, galardoada co Premio NUMAX Exhibición no Festival Intersección 2021. Presentación e coloquio coa directora. Ler máis
Unha orquestra improvisa. A súa música ten o poder de evocar historias, de revelar pantasmas do pasado. Ler máis
Asako é unha moza de 21 anos que vive en Osaka. Namora de Baku, que é un espírito libre, pero este desaparece de súpeto. Dous anos máis tarde, Asako vive en Tokio e coñece a Ryohei, que se parece extraordinariamente a Baku, aínda que ten unha personalidade totalmente diferente. Asako acaba namorando de Ryohei. Ler máis
Baseada na aclamada conferencia de Nina Menkes, "Sexo e poder: a linguaxe visual do cinema", "Brainwashed" é un fascinante estudo sobre o encadre dos corpos femininos no Cinema a través das épocas e como esta visión distorsionada conduce ao abuso e a discriminación contra as mulleres. Ler máis
Documental que se achega a Niño de Elche, o músico español máis controvertido dos últimos anos, desde una perspectiva caleidoscópica que abarca tanto a súa esfera máis íntima e familiar coma as múltiples reverberacións do seu universo poético. Ler máis
Despois de fuxir da guerra de Siria, a familia Suleyman espallouse por Europa. Lazgin vive coa súa familia en Ucraína, o seu irmán Koshnhav está en Alemaña, un terceiro irmán está no Irak kurdo e un cuarto ficou en Siria. Ler máis
Sesión dedicada á obra de Judith Adataberna, galardoada co Premio Numax Exhibición no Festival Intersección 2020. Presentación e coloquio coa directora. Ler máis
Un cineasta americano chega á pampa arxentina para rodar 'Matadero': unha fábula fundacional sobre a loita de clases. Ler máis
Aos 23 anos a vida de Rakel muda cando se decata, quizais demasiado tarde, de que está embarazada. Ler máis
Unha viaxe a pé de máis de 100 desérticos quilómetros con sete machos cabríos...e dous irmáns que se odian. Ler máis
A comuna Cinematográfica de Rojava (Komîna Fîlm a Rojava) é un colectivo fundado no ano 2015 por cineastas kurdos internacionais que apoiaron e forman parte de Revolución de Rojava no norte de Siria. A Comuna adícase principalmente á produción, educación e difusión de filmes. Ler máis
Selección dalgunhas das curtametraxes galegas máis recoñecidas dos últimos tempos que percorren diferentes linguaxes e motivos: Ficción, documental etnográfico, animación, cinema familiar... Ler máis
Liz, de 15 anos, foi aceptada nunha das escolas de esquí máis prestixiosas de toda Francia, nunha illada vila dos Alpes, onde deberá vivir afastada da súa familia e amizades. Ler máis
Un retrato colectivo do desprazamento e as cicatrices da guerra, que se divide entre Saraxevo, os conflitos de Abkhazia e un grupo de refuxiados sirios en Grecia. Ler máis
Tolyatti, antigo símbolo do orgullo socialista, é hoxe o Detroit ruso. Seguimos a Slava, Misha e Lera no ano no que teñen que enfrontarse por vez primeira á idade adulta nun lugar onde semella non haber futuro. (Preseleccionada como candidata a Mellor Película Documental nos Premios Goya 2023) Ler máis
"Vaca" mergúllanos na traxectoria vital e a rutina de traballo dunha vaca nunha explotación gandeira. Unha proposta que desencadea emocións inesperadas e conecta plenamente cunha nova sensibilidade coa contorna natural. Ler máis
As imaxes e tradicións de base relixiosa atravesan as vidas de todas as persoas que habitan Sevilla. Historicamente, tamén os mariquitas da cidade asimiláronas desde a súa infancia e a través delas foron armando espazos de encontro e códigos propios. Ler máis