
Pioneiras #01: A mancha + Suspense
Arranca o ciclo "Pioneiras" no que recuperamos a obra de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois. Ler máis
Arranca o ciclo "Pioneiras" no que recuperamos a obra de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois. Ler máis
Sesión tripla no ciclo "Pioneiras" que arranca coa emocionante "Falling Leaves" (1912) de Alice Guy-Blaché, primeira directora da historia do cinema. Seguimos coa adorable sátira dos melodramas "Eleanor's Catch" (1916), de Cleo Madison, e concluímos cun dos primeiros exemplos de cinema feminista: "The Dream Lady" (1918), de Elsie Jane Wilson. Ler máis
A terceira entrega do noso ciclo "Pioneiras" achéganos a arte da directora francesa Germaine Dulac que, en plena década dos 20, fixo confluír pensamento feminista e vangarda en numerosas curtas e mediametraxes das que aquí ofrecemos unha escolla. Ler máis
O filme máis celebrado da pioneira soviética Olga Preobrazhenskaya céntrase na vida de dúas mulleres labregas, unha vítima dun sogro abusivo e a outra emancipada. Un melodrama feminista que triunfou nas taquillas soviéticas do momento. Ler máis
A cuarta entrega do ciclo "Pioneiras" proxecta unha escolma de curtas de Mary Ellen Bute (1906-1983), a primeira muller en crear animación abstracta nos EEUU e a primeira persoa que empregou un instrumento electrónico para crear imaxes cinematográficas. A sesión será conducida polo cineasta experimental galego Alberte Pagán. Ler máis