A través das oliveiras
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
A través das oliveiras
- Retrospectiva Abbas Kiarostami
- Repertorio
- DCP2K
Un equipo de rodaxe chega a un pobo do norte de Irán, na rexión de Koker, devastado por un tremor de terra, para realizar unha película. Hossein, un rapaz do lugar, é contratado como axudante do equipo e, ademais, asígnaselle a interpretación dun pequeno papel. Casualmente, tamén colabora no filme unha moza do vecindario, da que Hossein está tolamente namorado, pero os pais dela rexéitano porque carece de recursos económicos.
- Título orixinal: Zire darakhatan zeyton
- Ano: 1994
- Duración: 103 minutos
- Idioma orixinal: Persa
- Dirección: Abbas Kiarostami
- Guión: Abbas Kiarostami
- Elenco: Hossein Rezai, Tahereh Ladanian, Zariefh Shiva, Farhad Kheradmand, Mohamad Ali Keshavarz, Babek Ahmad Poor, Ahmed Ahmed Poor
- Fotografía: Hossein Jafarian, Farhad Saba
- Produtora: Ciby 2000
- Distribuidora: Avalon
Seminci 1994 (Espiga de Ouro a mellor filme), Cannes 1994 (Nomeada a Mellor Filme)