É
Coa publicación deste poemario de Outeiriño, Galaxia continúa a súa liña editorial de poñer no mercado, ao carón de novas edicións de títulos senlleiros esgotados ou pouco accesibles, o traballo actual dos poetas que deron a coñecer a súa obra durante os anos oitenta e noventa. Coma unha festa a deshoras, o libro de Outeirño sorprende e fai abrollar, con humor e con toda a expresividade musical da linguaxe, a emoción do recoñecemento e asemade o espanto do encontro inesperado. Segundo Manuel Outeiriño, en É búscase certa dición entremedias Ungarettie os irmáns Tonetti. Pola súa banda, a poeta María do Cebreiro Rábade Villar afirma que ´Manuel Outeiriño é un poeta músico porqué como nunha emulatio do trompetista (tomando a palabra latina no seu dobre sentido reverencial e agónico), é consciente de que o seu traballo consiste en moldear as cualidades e as barreiras do son´.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 128 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-808-8 |