A mirada impasíbel
A pesar de ser Andy Warhol un dos artistas e personaxes máis famosos do século XX, a súa obra, especialmente a cinematográfica, segue a permanecer oculta para o público. Non abundan os libro dedicados ao seu cinema, e son moitas as inexactitudes que estes recollen. No estado español é de destacar a publicación de Juan Guardiola Andy Warhol: cine, vídeo y TV, aínda que a excelente edición se limite a recoller, mormente, velos artigos publicados con anterioridade.
Á espera da sempre adiada publicación do catálogo razoado da especialista Callie Angel, as detalladas análises das películas da primeira época de Warhol recollidas en A mirada impasíbel convértense así nos primeiros ensaios que, a nivel internacional, se dedican ao cinema do artista estadounidense partindo da realidade dos propios filmes e intentando fuxir das súas versións conceptuais. Deste xeito, Alberte Pagán reivindica a plasticidade e a estética da súa obra fílmica, lonxe das habituais interpretacións conceptualistas, para as que a idea que se agacha tras os filmes é máis importante que o obxecto fílmico en si.

- Editorial: Positivas |
- Ano: 2007 |
- Páxinas: 232 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-87783-89-0 |