Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Baceiredo, Rebeca

Os corpos inscritos e os textos escritos

O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que ostenta o logos, a capacidade racional, a palabra articulada. Elas foron as encargadas de tecer as inscricións, que eles enunciaron, no tecido cultural. Ao suxeito hexemónico recoñecéuselle a alma racional, aos suxeitos subalternos cedéuselles a "phoné", a voz, propia da alma sensitiva, que non pode decidir o que é xusto ou inxusto, ou entre o ben e o mal. A voz d@ subaltern@ non pode decidir sobre a lei social, non pode escribir a palabra social, pero si debe manifestala no seu corpo, exercer a función subalterna de reproducir, de inscribir o ditado. Inscribíronse corpos, escribíronse textos. Atravesando a antropoloxía, a moda, a arte, a literatura e o mercado, proponse a deconstrución do xénero, vinculándoo a unha certa emancipación cultu
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 152 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-157-8 |