Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Fernández Davila, Fran

Groenlandia

PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL 2023.
Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e, mentres reconstrúe a súa identidade, nun dilema entre a lealdade matrimonial e o amor pola enfermeira que o coidou, vese envolto nunha aventura chea de humor e intriga.
Os Azores, as súas paisaxes paradisíacas e o submundo volcánico e violento das súas bases son os protagonistas dunha novela que combina o estilo dos libros de viaxes coa literatura romántica, policial e de aventuras. Unha obra “plena e orixinal onde se corcose un mosaico literario de perfecto encaixe”.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 280 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-173-4 |