Blanca Lacasa presenta «Las hijas horribles» na Libraría NUMAX
A escritora e xornalista Blanca Lacasa presenta o libro Las hijas horribles o próximo mércores 28 de febreiro ás 20h30 na Libraría NUMAX acompañada pola docente e investigadora Marta Pérez Pereiro. A entrada é libre ata completar aforo.
A relación entre nais e fillas está marcada, con frecuencia sospeitosa, pola dificultade, o desencontro ou a dor. Nais e fillas parecemos estar condenadas a non entendernos. Por que hai tanta tensión entre nós?Por que é tan común que este lazo sexa tan complexo e, en ocasións, tan perxudicial? De verdade somos todas tan iguais? Por que a figura paterna se percibe de maneira máis amable? Se elas teñen que lidiar co cliché da mala nai, nós temos quefacelo co de mala filla. Se cadra chegou a hora de comezar a cuestionarse cuanto hai de verdadeiro nisto e canto de ambiental. Igual xa é hora de deixar de sentirse fillas egoístas ou olvidadizas. Fillas horribles. Neste libro, a escritora e xornalista Blanca Lacasa trata de resolver o enigma que parece rodear este vínculo e faino falando con expertas, acudindo a teóricas ou botando man da cultura popular, pero sobre todo, preguntando e escoitando a mujeres para que conten as súas propias experiencias.
A Blanca Lacasa encántalle a ensaladilla rusa, pero non lle gusta o ovo duro. Con isto estaría todo dito. Ou case. Como xornalista, colaborou en numerosos medios escritos que sería aburrido e innecesario enumerar. Tamén fixo radio (La flaneadora en la desaparecida M21). Na súa faceta como escritora, ten editados un gran número de libros para público infantil (Ni guau ni miau, El secreto de Abelardo, ¡Ey! Esta es mi casa, ¡Ey! Este es mi colega, entre outros). Nalgún momento, cantou nun grupo (Plastic d’amour). Se hai algo do que non se cansa é de camiñar —actividade que desgraciadamente para ela non está profesionalizada—, de ver películas, de facer listas e de curiosear.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE