Chefa Alonso presenta o libro «Improvisación libre. La composición en movimiento» na Libraría NUMAX
A compositora e artista Chefa Alonso presenta o próximo mércores 20 de setembro ás 19h00 na Libraría NUMAX a nova edición ampliada do seu libro «Improvisación libre. La composición en movimiento» editado por Cántico, dentro da colección La hora de la estrella. A autora estará acompañada pola poeta Marina Oural.
Neste libro móstrase a capacidade compositiva da improvisación libre e descríbense outras calidades que desenvolven os músicos e artistas que a practican. É un intento de equilibrar a balanza entre a improvisación libre e a composición escrita; recuperar o valor que se lle negou á improvisación. A través dos escritos de diferentes autores, das entrevistas persoais a un número importante de compositores e improvisadores do panorama internacional, así como da análise da súa experiencia práctica (as relacións entre a improvisación libre/composición e o free jazz, a poesía escénica, a sensibilización artística de persoas con discapacidade intelectual e as orquestras de improvisadores), Chefa Alonso investiga as similitudes e diferenzas entre a improvisación e a composición escrita, recollendo a análise dos proxectos musicais e escénicos nestes últimos 15 anos.
Na presentación, que terá lugar o mércores 20 de setembro ás 19h00, a autora Chefa Alonso estará acompañada pola poeta Marina Oural. A entrada é libre ata completar aforo.
Chefa Alonso. Músico. Compositora, improvisadora e Docente Interdisciplinar. É Doutora en Performing Arts pola universidade de Brunel (Londres) e Licenciada en Medicina (pola U.S:C), saxofonista e percusionista. Compón música para espectáculos teatrais, poéticos (Matar a Platón, de Chantal Maillard, Rosa Negras, con Mariña Oural), para performance, danza, poesía e música (Colores para un amante ciego con Flor Guerín, texto e Ángel Zotes, danza), circo (Circo Interior Bruto, Al Filo 2011 e 2012), e documentais (Entre dos orillas, de Barbara Meyer y Concha García) e dirixe diferentes orquestras interdisciplinares de improvisadores (Orquestra Carníval, Orquestra Farmacia 13); traballa para persoas con diversidade funcional (Bailar el auga), ademais de realizar unha importante actividade docente, tanto en España como en Latinoamérica. Foi elixida como artista polo Centro de Arte Reina Sofía para achegar a arte e a creación a un centro de escolares con discapacidade intelectual, durante o curso 2019-2020 (Malezas). É autora dos libros: Enseñanza y aprendizaje de la improvisación libre. Propuestas y reflexiones (Al Puerto, 2014) e Improvisación libre. La composición en movimiento (Dos Acordes, 2008) e nova edición ampliada (Cántico, 2023).
- Hoxe
- Ver máis