NUMAX

O nutricionista Álvaro Vargas imparte un curso sobre alimentación saudábel en NUMAX

O Cinema NUMAX acollerá durante a mañá do sábado 23 de marzo o curso “Eu sei nutrirme”, onde, da man de Álvaro Vargas, técnico superior en Dietética, coach nutricional e autor de varios libros sobre nutrición, poderás aprender de xeito sinxelo e práctico en que consiste unha alimentación saudábel para o día a día.

 

O curso está dirixido tanto a persoas veganas como vexetarianas e omnívoras/carnívoras, e o seu obxectivo é ensinar a nutrirse correctamente, gañando en vitalidade, enerxía e, sobre todo, en saúde a quen desexen mellorar a súa forma de alimentarse ou cando menos ser conscientes de como debería ser unha nutrición saudábel. Non é preciso ter coñecementos previos de nutrición senón que é perfecto para aquelas persoas que están empezando ou queren comezar a cambiar a súa forma alimentación.

Álvaro Vargas é Técnico Superior en Dietética. Coach nutricional. Experto en Coaching Personal. Autor de varios libros sobre nutrición, entre eles, A comer se aprende [Editorial Planeta, 2018] con máis de 15.000 exemplares vendidos ou Nutrición para tu día a día [autoeditado, 2017] con preto de 12.000 exemplares vendidos. Ademais de contar con máis de 400.000 persoas seguidoras en redes sociais, onde difunde diariamente conxellos prácticos sobre nutrición, recetas, etc.

No curso
> Desenvolveranse 50 consellos prácticos sobre nutrición saudábel para que os podas integrar na túa vida
> Coñecerás os nutrintes máis importantes e as mellores fontes para obtelos. Aqueles alimentos que si ou si deberías incluír na túa dieta habitual
> Saberás planificar a túa alimentación de xeito equilibrado para obter todos os nutrintes necesarios e saber os seus beneficios
> Adquirirás algunhas ferramentas relacionadas co coaching nutricional para que o cambio a unha mellor alimentación sexa eficaz e duradeiro

É para ti se...
> Tes verdadeira gana de cambiar a túa alimentación
> Xa estás no proceso de cambio e queres afianzar algúns conceptos
> Interésache ter ferramentas prácticas a nivel nutricional
> Cres que realmente un cambio na alimentación pode cambiar a túa saúde
> Queres coller as rendas da túa alimentación e saber escoller que poñer no teu prato
> Sabes que a túa dieta habitual non é a mellor, queres cambiala pero non sabes como facelo

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: escuelanutricionpractica.com/santiago