O Festival Curtocircuíto vívese en NUMAX
Fainos moita ilusión anunciar que, por sexta edición consecutiva, o Cinema NUMAX é unha das sedes do Festival Curtocircuíto, un dos certames máis suxestivos, dinámicos e anovadores do panorama actual. Neste 2020, as sesións en NUMAX terán lugar do 8 ao 10 de outubro. Tedes a continuación todos os detalles.
A proposta para NUMAX do 17 Festival Curtocircuíto inclúe o regreso á nosa pantalla da interesantísima ollada de Jessica Sarah Rinland; algunhas das mellores curtametraxes do panorama español en Penínsulas 3; tres sesións de Explora, a liña de programación máis arriscada e heterodoxa do festival; e un fin de festa co explosivo retrato de Michael Gira, líder de Swans. Velaquí horarios e títulos:
Xoves 8 de outubro | 20:00
Longas x Curto: Those That, at a distance resemble another
* Presentación e coloquio coa directora
Xoves 8 de outubro | 22:00
Explora 1
* Presentación e coloquio con Adrián Canoura
Venres 9 de outubro | 20:00
Penínsulas 3
Venres 9 de outubro | 22:00
Explora 2
Sábado 10 de outubro | 20:00
Explora 3
Venres 9 de outubro | 22:00
Playlist: Where Does a Body End?
- Hoxe
- Ver máis
-
-
Parthenope
VOSE