Libraría

Celebras o Día do Libro connosco?

FOTO: Denís Estévez

"Sexamos razoábeis e engadamos un oitavo día á semana dedicado exclusivamente a ler", dixo Lena Dunham. Non podemos estar máis de acordo con ela. Achégase o 23 de abril, Día do Libro, e para ese oitavo día queremos propoñervos unha serie de lecturas gorentosas coas que agasallar xente querida, empezando por vós!

Se vés o 23 visitarnos terás o 10% de desconto nas túas compras, e participarás no sorteo de 2 entradas para ver A portuguesa, o novo filme de Rita Azevedo que distribúe NUMAX Distribución (inspirado no conto Die Portugiesin, de Robert Musil). Tamén entre o 22 e o 28 de abril terás o 5% de desconto en todo o que merques na nosa libraría, desconto que temos activado durante todo o mes de abril para as compras en liña.

Outra cousa: este ano, entre o domingo 28 de abril e o 5 de maio poderás visitarnos na Feira do Libro de Santiago de Compostela. Así que te agardamos alí onde ti prefiras!