Americana x NUMAX, retrospectivas e presentacións con cineastas n'Os ollos verdes
Presentamos a variada programación do ciclo Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX para os meses de abril e maio, con presentacións e coloquios (Valérie Massadian, Dora García) e unha interesantísima colaboración co Festival Americana. Ademais, os filmes do Foco Kenji Mizoguchi continúan a computar para a obtención de 1 crédito ECTS da USC.
A programación d'Os ollos verdes reanúdase esta mesma fin de semana co Foco Valérie Massadian, que nos permitirá gozar en pantalla grande dos dous filmes máis salientábeis da pretixiosa cineasta francesa. Ambas sesións contarán con presentación e coloquio da cineasta que, o domingo 31, ofrecerá un encontro A cor das palabras.
Neste 2019 inauguramos a colaboración co Americana Film Fest de Barcelona, especializado en cinema independente norteamericano. Nos meses de abril e maio coñeceremos de primeira man obras de grandes promesas como Bing Liu e Debra Granik e o xa consagrado Alex Ross Perry
- Luns 8 de abril: Táboas rotas. Minding the Gap
- Luns 22 de abril: Leave No Trace (Non deixes rastro)
- Luns 27 de maio: Golden Exits
As sesións con presenza de cineastas terán continuación no mes de maio coa visita da reputada cineasta e artista vallisoletana Dora Garcia, que presentará o seu novo filme, unha suxestiva investigación nos límites do happening, o cinema político e a súa representación.
- Luns 12 de maio: Segunda vez
E por suposto, todas as sesión restantes do Foco Kenji Mizoguchi seguirán a sumar para as persoas anotadas no ciclo que desexen obter 1 crédito ECTS da USC ao remate do curso. Velaquí as vindeiras citas co xenial director xaponés:
- Martes 2 de abril: O intendente Sansho
- Martes 16 de abril: Os amantes crucificados
- Martes 14 de maio: A emperatriz Yang Kwei-Fei
- Martes 28 de maio: A rúa da vergoña
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
A luz que imaxinamos
VOSE
-
-
Queer
VOSE