Retrospectiva Yasujiro Ozu con 9 obras mestras do cineasta nipón
Os martes de NUMAX, do 12 de decembro ao 5 de marzo, pertencen ao cinema de Yasujiro Ozu de quen proxectaremos nove obras mestras en copia restaurada. A viaxe polo inimitable universo do cineasta nipón arrancou co seu primeiro filme de posguerra, Historia dun vecindario, e finaliza o 5 de marzo coa súa última obra, a sublime O sabor do sake.
Un 12 decembro na cidade de Toquio naceu ―en 1903― e faleceu ―en 1963― un cineasta maiúsculo: Yasujiro Ozu. O día do 120 aniversario do seu nacemento ―e 60 do seu pasamento― arranca unha retrospectiva que nos permitirá coñecer de preto a obra dun dos creadores que mellor souberon empregar o cinema para retratar o ser humano.
A retrospectiva que agora comeza inclúe dous filmes recentemente restaurados e presentados en Cannes Classics, Historia dun vecindario, co que abrimos o ciclo, e As irmás Munekata, que terá a súa estrea o 5 de xaneiro. Ao carón delas, proxectaremos cada martes outras sete obras mestras que inclúen un filme de entreguerras (O fillo único) e varias dúas súas últimas creacións, que culminan en 1962 coa sublime O sabor do sake.
Recorda que as sesións se inclúen no ciclo Os ollos verdes co que, se estudas na USC, poderás acadar 1 crédito ECTS.
Programa completo:
12 de decembro
Historia dun vecindario (Nagaya shinshiroku, 1947, 72')
* Con presentación do escritor e tradutor Pedro Jorge Romero
19 de decembro
O fillo único (Hitori musuko, 1936, 87')
9 de xaneiro
O comezo do verán (Bakushû, 1951, 120')
16 de xaneiro
Crepúsculo de Toquio (Tokyo boshoku, 1957, 140')
30 de xaneiro
Flores de equinoccio (Higanbana, 1958, 118')
9, 10 e 13 de febreiro
As irmás Munekata (Munekata kyodai , 1950, 112')
20 de febreiro
A herba errante (Ukigusa, 1959, 119')
27 de febreiro
O outono da familia Kohayagawa (Kohayagawa-ke no aki, 1961, 103')
5 de marzo
O sabor do sake (Sanma no aji, 1962, 112')