Suso de Toro baixa o pano do Tac, tac, tac
O Tac, tac, tac da Libraría NUMAX vai chegando á súa fin e quen mellor para despedilo que o seu propio creador, o escritor Suso de Toro. A cita é o martes 19 de setembro ás 20:00.
Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) conta cunha dilatada e exitosa carreira, asinando algúns dos libros máis vendidos da narrativa galega. Entre as súas novelas máis destacadas atopamos Polaroid —Premio da Crítica Galega—, Tic-tac —Premio da Crítica Española cualificada por Basilio Losada como unhas das mellores novelas da literatura galega—, Calzados Lola (O dano e a absolución) —Premio Blanco Amor—, Non volvas: filla da madrugada —Premio da Crítica Española—, Sete palabras ou Trece badaladas.
De Toro ten salientado ademais polo súa activa participación como columnista en prensa escrita e autor de numerosos e influentes ensaios como Nunca máis Galiza á intemperie, Outra idea de España: Mar de fondo ou Humildar, recentemente presentada na Libraría NUMAX.
Desde comezos de 2017 Suso de Toro foi o responsábel do deseño e organización do Tac, tac, tac, unha proposta única de creación literaria ao vivo que achegou á Libraría NUMAX a centos de afeccionadas ao lectura desde o arranque da actividade no mes de xaneiro. O martes 19 de setembro ás 20:00 o Tac, tac, tac, chega á súa fin coa creación por parte de Suso De Toro do derradeiro relato do ano na máquina de escribir da nosa Libraría.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
-
Parthenope
VOSE
-
-
Oh, Canada
VOSG
-
-
Parthenope
VOSE