Actualidade

NUMAX

«Episodios de Creación Contemporánea» achégase aos procesos creativos de catro artistas de Galicia e unha portuguesa

Despois do Tac, Tac, Tac e do Fóra dos museos NUMAX coordina unha nova actividade que busca a inserción de investigacións e de procesos creativos dentro do seu espazo e coa vitrina instalada no espazo da libraría como punto de partida. Este ciclo comisariado por Ángel Calvo Ulloa busca o achegamento e o debate en relación a unhas prácticas que en ocasións ven debilitada a súa mensaxe como consecuencia dunha exposición entendida como un organismo inerte. O xoves 25 de abril ás 20:00 Calvo presentará o proxecto nun Episodio #0 xunto a Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ver máis

Cinema

Proxección de «Crónica de Anna Magdalena Bach» coa música do clavecinista Diego Ares

Antes da proxección do filme de Jean-Marie Straub e Danièle Huillet, o músico Diego Ares interpretará ao vivo algunhas pezas do Caderno de Anna Magdalena Bach o vindeiro luns 15 de abril. Trátase dunha actividade enmarcada na cuarta edición do ciclo De lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela, dentro da sección «O órgano sae á rúa», que organiza a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago.

Ver máis

Todas as novas