Actualidade

Cinema

O cineasta arxentino Ramiro Sonzini presenta «La noche está marchándose ya»

O vindeiro venres 9 de outubro teremos o luxo de contar coa presenza do cineasta cordobés Ramiro Sonzini que vai ofrecer presentación e coloquio de La noche está marchándose ya, unha emocionante homenaxe á cinefilia e o cineclubismo en tempos de precariedade. O filme, codirixido xunto a Ezequiel Salinas, chega a NUMAX tras un exitoso percorrido en festivais, con premios na SEMINCI, DocLisboa, Valdivia ou Jeonju entre outros certames.

Ver máis

Libraría

PAPEL E PRATA #04 «Agarrar o pasado», con Luis López Carrasco e Alejandro Gándara Porteiro

O xoves 1 de outubro ás 19:00h na Sala de Cinema terá lugar o derradeiro encontro da actividade PAPEL E PRATA baixo o título «Agarrar o pasado» cos directores Luis López Carrasco e Alejandro Gándara Porteiro. Esta actividade está comisariada pola Libraría NUMAX e subvencionada pola Deputación da Coruña. Para realizar a reserva hai que escribir ao correo de [email protected] indicando nome completo e un teléfono de contacto. 

Ver máis