-
- Cinema
- DCP2K
- VG
- +16
- 95 minutos
- Estrea
Decorado
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio vénse abaixo, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold decátase de que algo non encaixa.
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 105 minutos
- Estrea
San Simón
Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora.
-
Samuel Merino presenta «Manual de camuflaxe» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Manual de camuflaxe (Xerais) de Samuel Merino, XIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, o mércores 5 de novembro ás 19:30h. O autor estará acompañado pola poeta e xornalista Pilar G. Rego. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +12
- 104 minutos
- Estrea
Acabadas de nacer
Jessica, Perla, Julie, Ariane e Naïma viven nun refuxio para nais mozas. Son cinco adolescentes que se criaron en circunstancias difíciles e loitan por construír unha vida mellor para elas e os seus fillos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VG
- +16
- 95 minutos
- Estrea
Decorado
Arnold é un rato de mediana idade atrapado nunha crise existencial. O seu matrimonio vénse abaixo, a súa vida parécelle absurda e empeza a sospeitar que todo é unha gran farsa. Cando o seu mellor amigo morre en circunstancias sospeitosas, Arnold decátase de que algo non encaixa.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +12
- 104 minutos
- Estrea
Acabadas de nacer
Jessica, Perla, Julie, Ariane e Naïma viven nun refuxio para nais mozas. Son cinco adolescentes que se criaron en circunstancias difíciles e loitan por construír unha vida mellor para elas e os seus fillos.
-
Ibai Atutxa Ordeñana presenta «Sobre la barbarie» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación de Sobre la barbarie (Txalaparta) de Ibai Atutxa Ordeñana o xoves 6 de novembro ás 19h. O autor estará acompañado pola escritora Susana Sanches Arins e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 120 minutos
- Repertorio
A condena
O recente gañador do Premio Nóbel de Literatura, László Krasznahorkai, e o gran Béla Tarr, escribiron a catro mans o retrato de Karrer, un home de vida solitaria nunha poboación mineira. El pasa as tardes no bar Titanik, cuxo dono lle propón participar nunha operación de contrabando.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 115 minutos
- Estrea
Los domingos
Ainara (Blanca Soroa), unha moza idealista e brillante de 17 anos, debe decidir que carreira universitaria vai estudar. Ou, cando menos, iso agarda a súa familia que faga. Porén, a moza manifesta que se sente cada vez máis preto de Deus e que está pensando abrazar a vida de monxa de clausura. A noticia colle por sorpresa a toda a familia provocando un abismo e unha proba de fogo para todos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 115 minutos
- Estrea
Los domingos
Ainara (Blanca Soroa), unha moza idealista e brillante de 17 anos, debe decidir que carreira universitaria vai estudar. Ou, cando menos, iso agarda a súa familia que faga. Porén, a moza manifesta que se sente cada vez máis preto de Deus e que está pensando abrazar a vida de monxa de clausura. A noticia colle por sorpresa a toda a familia provocando un abismo e unha proba de fogo para todos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- +12
- 104 minutos
- Estrea
Acabadas de nacer
Jessica, Perla, Julie, Ariane e Naïma viven nun refuxio para nais mozas. Son cinco adolescentes que se criaron en circunstancias difíciles e loitan por construír unha vida mellor para elas e os seus fillos.
-
A Libraría NUMAX acolle a presentación de «Escrita oculta» de Isolda Santiago
Isolda Santiago presenta Escrita oculta (Chan da Pólvora) na Libraría NUMAX o venres 7 de novembro ás 20h. A autora estará acompañada pola xornalista Carme Vidal. A entrada é libre ata completar aforo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 79 minutos
- Repertorio
O seu gran desexo
En 1920, Naomi Murdoch abandonou a súa pequena vila e a súa familia para poder actuar noutras partes do país. Dez anos despois, a súa filla Lily convida a súa nai a vela actuar na súa obra do instituto. A volta ao seu fogar provocará os comentarios de toda a vila, espertando vellos conflitos e provocando emocións tormentosas.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- +12
- 105 minutos
- Estrea
San Simón
Outubro, 1936. O franquismo abre campos de concentración por todo o territorio. Empregan conventos, fábricas, escolas, prazas de touros, mosteiros... San Simón destaca pola súa insularidade. O réxime converte o antigo lazareto nun lugar de morte onde os prisioneiros sofren a represión rodeados dunha beleza abrumadora.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 104 minutos
- Repertorio
Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars
Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 96 minutos
- Estrea
La mitad de mi familia
Mentres a pandemia illa os uruguaios, Ariel proponse filmar a súa nai, Doris, unha destacada psicanalista. A través do seu relato, ela tece a historia da súa familia xudía que fuxiu de Alemaña, e tamén dos seus parentes nazis que ficaron. Fálanos de amor e desamor entre o seu pai xudeu e a súa nai alemá, filla dun nazi, e de como esa herdanza seuge a afectar as relacións entre pais e fillos 80 anos despois.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 84 minutos
- Repertorio
Lola
En Nantes, Lola, unha bailarina de cabaré, leva sete anos agardando o regreso de Michel, o amante que a abandonou sen saber que estaba embarazada. No seu camiño crúzanse dous homes: Frankie, un mariñeiro estadounidense, e Roland Cassard, un antigo amigo de infancia que se namora dela. Pero Lola segue fiel ao recordo do seu amor perdido.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 105 minutos
- Repertorio
Un coeur en hiver / Un corazón en inverno
Stéphane e Maxime fabrican e reparan violíns e outros instrumentos de corda. Un día, Maxime confésalle ao seu amigo que namorou de Camille, unha nova e talentosa violinista. Os primeiros encontros entre Camille e Stéphane son fríos, mais aos poucos ela empeza a sentirse atraída polo carácter reservado e impenetrable do socio do seu mozo. A resposta contida e enigmática de Stéphane convértese nun xogo de sedución silenciosa, onde o que se expresa é tan importante como o que queda sen dicir.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 107 minutos
- Estrea
Sonido mosca
A década dos sesenta foi unha época onde a ditadura e a represión dominaban a vida social e cultural española. Porén, unha chea de mozos enfrontáronse á orde establecida por amor ao rock and roll, que a contagotas chegaba aos seus ouvidos.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 99 minutos
- Repertorio
A Single Man / Un home solteiro
Os Ánxeles, 1962. George Falconer é un profesor universitario británico que tenta comprender o sentido da vida tras a morte de Jim, o seu compañeiro sentimental. A dor e o baleiro empúrrano cara a unha decisión definitiva, mais ao longo dun día cheo de encontros e lembranzas, a presenza da súa amiga Charley e a beleza efémera do mundo poñerán á proba o seu desexo de rendición.
-
- Cinema
- VOSE
- 108 minutos
- Estrea
Pai Nosso - Os Últimos Dias de Salazar
No ocaso do seu reinado, un gobernante antano poderoso négase a recoñecer a realidade mentres o seu imperio se esfarela baixo a presión dun cambio inevitable.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 113 minutos
- Estrea
Tesis sobre una domesticación
Unha actriz travesti, estrela do teatro porteño, alcanza o éxito profesional e económico e decide, xunto co seu home —un avogado acomodado—, adoptar un fillo. Mais ese soño de plenitude comeza a esfarelarse cando o pasado reaparece e a “domesticación” da súa vida parece poñer en risco a súa liberdade.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 96 minutos
- Repertorio
La maison sous les arbres / A casa baixo as árbores
Philip Hallard, un experto en espionaxe industrial retirado, vive en París coa súa muller, Jill, e cos seus dous fillos nunha aparente tranquilidade, traballando agora como informático. Pero esa paz esváese cando unha poderosa organización secreta secuestra os nenos para obrigalo a regresar ao seu antigo oficio.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 114 minutos
- Repertorio
Boys Don't Cry / Os rapaces non choran
Ambientada en Nebraska, esta poderosa dramatización real recrea a historia de Brandon Teena, un mozo trans que, baixo a aparencia dun home, tenta construír unha nova vida nunha pequena comunidade rural. O filme explora o amor, a identidade e a violencia, e acende unha luz sobre a vulnerabilidade e a coraxe de quen se enfronta ao rexeitamento e á discriminación.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 55 minutos
- Repertorio
O meu nome é Camba
Longametraxe documental sobre a vida do xornalista Julio Camba.
-
- Cinema
- VOSE
- 108 minutos
- Estrea
Pai Nosso - Os Últimos Dias de Salazar
No ocaso do seu reinado, un gobernante antano poderoso négase a recoñecer a realidade mentres o seu imperio se esfarela baixo a presión dun cambio inevitable.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 110 minutos
- Repertorio
Sunday, Bloody Sunday / Domingo, maldito domingo
Daniel Hirsh, médico homosexual de mediana idade, e Alex, unha muller divorciada, comparten —sen sabelo ao principio— unha relación co mesmo home: Bob, un artista máis novo ca eles. A medida que as historias se entrelazan, a película explora con serenidade e complexidade emocional os límites do amor, o desexo e a soidade.
-
Raquel Miragaia presenta «Corpus» na Libraría NUMAX
A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Corpus (Através) de Raquel Miragaia o martes 11 de novembro ás 19h. A autora estará acompañada pola escritora Teresa Moure. Coincidindo co Día das Librarías, faremos un 5% de desconto en todos os libros que se merquen tanto en tenda como na web. A entrada é libre ata completar aforo.