- Cinema
- DCP2K
- +5
- Repertorio
Nicky, a aprendiz de bruxa (Remasterizada en 4k)
Kiki (ou Nicky na drobaxe en español) é unha moza bruxa de 13 anos, en período de adestramento, que se divirte voando na súa vasoira xunto a Jiji, un sabio gato negro.
Kiki (ou Nicky na drobaxe en español) é unha moza bruxa de 13 anos, en período de adestramento, que se divirte voando na súa vasoira xunto a Jiji, un sabio gato negro.
“A ruleta chinesa” é unha parábola do mundo burgués, os seus ritos e mentiras. Ángela é unha adolescente discapacitada, filla de pais ricos e liberais; pero o seu odio cara a eles lévaa a tenderlles unha trampa para que unha fin de semana coincidan na súa casa de campo cos seus respectivos amantes.
Feridas sepultadas hai moito volven a abrirse cando a icónica estrela do pop Mother Mary (Anne Hathaway), a piques de regresar aos escenarios, se reúne con Sam Anselm (MIchaela Coel), a súa mellor amiga e deseñadora de vestiario da que se tiña distanciado.
Ao longo dun ano, unha familia atravesa varios altibaixos emocionais provocados pola separación dos pais. A través de intres íntimos e estraños, revélanse as complexidades do amor, os lazos familiares e o peso das lembranzas compartidas.
Vittoria (Monica Vitti), tras unha acalorada discusión, decide romper co seu mozo Riccardo (Francisco Rabal). Mentres goza da súa liberdade en compañía da súa nai, coñece a Piero (Alain Delon), un mozo e atractivo corredor de bolsa, un sedutor arrogante co que mantén un apaixonado romance.
En 1991, mentres China atravesa uns profundos cambios socioeconómicos que levan a moitos a abandonar as súas aldeas rurais en busca de traballo nas cidades, Chuang, un neno de 10 anos e o terceiro fillo da súa familia, debe quedarse na aldea debido aos plans familiares
Marie, pastora costamarfileña e antiga xornalista, vive en Tunisia desde hai dez anos. A súa casa convértese en refurxio para Naney, unha nai moza que
O aclamado director de cinema Esteban Martínez (Bardem) é unha lenda tanto polos seus filmes como por un pasado marcado pola violencia e os excesos. No seu novo proxecto, ofrécelle un papel á súa filla Emilia (Luengo) co pretexto de axudala a relanzar a súa estancada carreira como actriz.
Unhas vacacións románticas vense interrompidas cando unha erupción volcánica deixa a Bethany e o seu prometido, Rob, en Varsovia, Bethany toma o explosivo acontecemento natural como un sinal para desfacerse da súa equipaxe, reecontrarse coa súa amiga da infancia Nel e percorrer lofts, clubs e calexas, mentres se enreda nunha rede emocional que desafía o seu propio sentido.