-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- TP
- 88 minutos
- Estrea
A ovella Shaun: Misión Cabaza
Na véspera de Samaín, a emoción convértese en consternación cando a plantación de cabazas se bota a perder.
Presenta
Calendario de eventos
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- VO
- 85 minutos
- Estrea
Camionero
Cando apagan os motores, os camioneiros e as camioneiras pescan, conversan, fan o amor, buscan, bailan, rezan… Pero, sobre todo, agardan, detidos á beira das estradas arxentinas, suspendidos nunha estraña dimensión do tempo mentres todo ao redor segue en movemento.
-
- Cinema
- VO
- 103 minutos
- Estrea
Forqué. El oficio de hacer cine
Este documental recupera o legado de José María Forqué a través da súa propia voz e dos testemuños de actores e cineastas que o coñeceron. Un percorrido polo cinema popular español, desde os éxitos dos anos cincuenta e o recoñecemento internacional acadado co Oso de Prata en Berlín ata a súa consagración como mestre da comedia e da televisión.
-
- Cinema
- VO
- 86 minutos
- Estrea
Alén dos silencios
O que comeza como un caderno de recordos familiares convértese nunha investigación sobre a memoria histórica. Cando a cineasta lle propón á súa avoa escribir as súas lembranzas, descobre que esta fora encarcerada cando era un bebé, xunto cos seus pais, no Vello Cárcere de Lugo durante a Guerra Civil.
-
- Cinema
- VOSE
- 113 minutos
- Estrea
Staatsschutz / Prosecution
A fiscal Seyo Kim decide combater a violencia da extrema dereita no leste de Alemaña. Cando ela mesma sofre un ataque racista do que consegue sobrevivir, comeza a investigar pola súa conta, desobedecendo as ordes dos seus superiores e poñendo en risco a súa vida.
-
- Cinema
- VOSE
- 130 minutos
- Estrea
Titanic Ocean
Nun universo vibrante e impregnado de cultura pop, un internado xaponés forma adolescentes para converterse en sereas profesionais. Akame, de 17 anos, aprende a conter a respiración, actuar ante multitudes entregadas e nadar entre quenllas. Baixo a súa cola de serea de silicona, descubrirá a súa voz, vivirá o primeiro amor e experimentará unha metamorfose.
-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 93 minutos
- Estrea
Hoxe e o resto do mundo
A través dun amplo arquivo familiar, con imaxes domésticas e materiais inéditos, Cecilia Díaz Betz reconstrúe a traxectoria vital e artística dos seus avós, Isaac Díaz Pardo e Mimina Arias de Castro, figuras fundamentais da cultura galega contemporánea e impulsores do Laboratorio de Formas e de Sargadelos.
-
- Cinema
- VO
- 84 minutos
- Estrea
Los días libres
Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos.
-
- Cinema
- VO
- 84 minutos
- Estrea
Los días libres
Nun futuro próximo, durante unhas vacacións de verán interminables e ante a inminente chegada dunha eclipse solar, Bego, de 12 anos, loita por atopar o seu lugar na familia e entre as rapazas da súa idade. Mentres a lúa «eclipsa» os animais e as persoas que a rodean, Bego coñece a REN_, unha amiga virtual que a introduce no shifting, unha práctica coa que as adolescentes cren que poden acceder a outras realidades a través dos soños lúcidos.
-
- Cinema
- VOSE
- 113 minutos
- Estrea
Staatsschutz / Prosecution
A fiscal Seyo Kim decide combater a violencia da extrema dereita no leste de Alemaña. Cando ela mesma sofre un ataque racista do que consegue sobrevivir, comeza a investigar pola súa conta, desobedecendo as ordes dos seus superiores e poñendo en risco a súa vida.
-
- Cinema
- VO
- 90 minutos
- Estrea
Edgar Neville. El español que vino de Hollywood
Autor dunha obra insólita e profundamente persoal, Edgar Neville caeu parcialmente no esquecemento tras a súa morte. Co paso do tempo, a súa figura e a súa filmografía foron recuperadas e recoñecidas, ata converterse nunha referencia fundamental do cinema español do século XX.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.