Presenta

Calendario de eventos

  • Encontro A cor das palabras con Jonás Trueba: «Seguimos a ser principiantes»

    O cuarto encontro do ano no ciclo A cor das palabras, organizado polo Concello de Santiago, terá un convidado de excepción coa visita de Jonás Trueba poucos días despois da estrea do seu novo filme: Volveréis. O director madrileño ofrecerá un encontro baixo o título «Seguimos a ser principiantes» o sábado 7 de setembro ás 12:00h. A actividade é gratuíta até completar aforo e xa se pode reservar praza no correo [email protected].

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 11 minutos
    • Estrea

    Carraxe

    Muriel Pernas

    Na Galicia rural, un matrimonio de anciáns vive afogado na súa rutina. Sole está recluída na súa casa para e polo seu marido, como sempre lle ensinaron. Todas as noites Mario volve bébedo, os días repítense. Os dous teñen moita carraxe acumulada nas súas vidas, só un deles consegue sacala para afora.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • + 7
    • 114 minutos
    • Estrea

    Volveréis

    Jonás Trueba

    Despois de 15 anos xuntos, Ale e Alex teñen unha idea que podería parecer absurda: organizar unha festa para celebrar a súa ruptura. Este anuncio deixa perplexos aos seus seres queridos, pero eles mantéñense firmes na decisión de separarse. Ou se cadra non?

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSG
    • 107 minutos
    • Repertorio

    A última oportunidade

    Leopold Lindtberg

    Un grupo de refuxiados xudeus tenta alcanzar a fronteira suíza para fuxir do réxime nazi. Uns soldados británicos, perdidos entre liñas inimigas, axudaranlles a alcanzar a súa meta.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP4K
    • VOSG
    • 98 minutos
    • Repertorio

    A aldea

    Leopold Lindtberg

    Mediados dos anos corenta. Unha escola dos Alpes suízos acolle ao redor de 200 nenos orfos de toda Europa. Mentres os profesores conteñen as hostilidades cara aos estudantes alemáns, dous dos docentes namoran.