Presenta

Calendario de eventos

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • VOSE
    • 115 minutos
    • Repertorio

    East of Eden / Ao leste do Edén

    Elia Kazan

    Salinas, California, 1917. Adam Trask é un modesto agricultor que vive cos seus fillos, Cal e Aron, aos que fixo crer que a súa nai, Kate, morrera. Ao iren medrando, a rivalidade entre os mozos polo cariño do pai intensifícase, poñendo de manifesto as súas personalidades tan diferentes.

    • Cinema
    • VOSE
    • 126 minutos
    • Repertorio

    A Face in the Crowd / Un rostro na multitude

    Elia Kazan

    Estados Unidos a finais dos anos 50. Marcia Jeffries, que traballa na radio local do seu pai en Arkansas, visita a prisión da vila na procura de alguén que participe no seu programa. Alí coñece a Larry Rhodes, un vagabundo borracho e cantante que expresa con descaro todo o que pensa. Impresionada pola súa actitude, Marcia decide levalo ao seu programa de radio.

    • Cinema
    • VO
    • 88 minutos
    • Repertorio

    Alelí

    Leticia Jorge

    Tras a morte do pai dos Mazzotti, a venda da casa familiar na praia é cousa de tempo. A vivenda, chamada Alelí, leva o nome formado polas iniciais de Alba e Alfredo, Ernesto e Lilián, pero exclúe a Silvana, a irmá máis nova, que chegou tarde para ser parte dese símbolo familiar.

    • Cinema
    • VOSE
    • 103 minutos
    • Repertorio

    Lonelyhearts / Corazóns solitarios

    Vincent J. Donehue

    Adam White é un xornalista desesperado por atopar un traballo do seu. Nun bar coñece a Florence, a muller dun editor chamado Shrike, e este ofrécelle un posto na sección de consellos sentimentais do xornal.

    • Cinema
    • VO
    • 75 minutos
    • Estrea

    Mi bestia

    Camila Beltrán

    Bogotá, 1996. A poboación vive con medo a chegada dunha eclipse lunar porque disque o demo vai vir para secuestrar mozas inocentes. Mila, unha rapaza de 13 anos, nun momento no que o seu corpo empeza a transformarse, séntese cada vez máis angustiada pola presión e polas olladas dos demais.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Estrea

    Akiplėša / Toxic

    Saulė Bliuvaitė

    Marija e Kristina son dúas rapazas de 13 anos que devecen por fuxir da crúa realidade da súa cidade industrial. Coñécense nunha escola local de modelos, onde lles prometen unha vida mellor de triunfaren no mundo da moda.

    • Cinema
    • VO
    • 246 minutos
    • Estrea

    Phantosmia / Fantosmia

    Lav Diaz

    O misterioso problema olfactivo de Hilarión Zabala reapareceu. Un especialista sospeita que se trata dun caso persistente de fantosmia, un cheiro fantasma, posiblemente causado por un trauma, por unha profunda fractura psicolóxica.

  • Paseo literario e artístico pola natureza para presentar «Los ojos de los árboles» da poeta María do Cebreiro

    A poeta María do Cebreiro presentará o próximo sábado 16 de novembro o seu libro Los ojos de los árboles, un proxecto literario desenvolvido grazas a unha bolsa Leonardo de Investigación Científica e Creación Cultural da Fundación BBVA. Tras unha breve presentación, cunha repartición gratuíta de exemplares do libro e un set de carbóns de debuxo, farase un paseo literario e artístico pola natureza—dirixido a un público diverso cunha chamada especial para o público infantil— desde a Alameda a Vista Alegre. Esta publicación conta coa colaboración co Museo de Historia Natural da USC e NUMAX, responsable da produción editorial do libro, no que tamén participou o estudio Cenlitros, a experta en botánica Elena Páez e a fotógrafa Tamara de la Fuente. Actividade de aforo limitado, require de inscrición.

    • Cinema
    • VO
    • 100 minutos
    • Estrea

    La piel en primavera

    Yennifer Uribe Alzate

    Hai 15 anos que Sandra vive por e para o seu fillo. Agora que o rapaz é adolescente comeza para ela unha nova etapa ao conseguir un emprego como garda de seguridade nun centro comercial.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Estrea

    Turn Me On

    Michael Tyburski

    Nun futuro próximo, as emocións humanas foron eliminadas por mor dunha pílula diaria imposta polo goberno, que promete unha vida sen sufrimento nin complicacións emocionais. Unha parella de mozos decide non tomar unha das doses.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 91 minutos
    • Estrea

    La guitarra flamenca de Yerai Cortés

    C. Tangana

    Cando C. Tangana coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco, tan respectada polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte.

    • Cinema
    • VOSE
    • 116 minutos
    • Repertorio

    The Pawnbroker / O Prestamista

    Sidney Lumet

    Sol Nazerman é un prestamista xudeu que sobreviviu ao holocausto e dirixe unha tenda de empeños no perigoso barrio de Harlem, en Nova York. Aínda que se enfronta decote a unha realidade dura, o seu verdadeiro tormento provén das desacougantes e dolorosas lembranzas dos campos de exterminio.

    • Cinema
    • VOSE
    • 113 minutos
    • Repertorio

    The Landlord / O Caseiro

    Hal Ashby

    Elgar Enders, un mozo de 29 anos que provén dunha familia adiñeirada e leva unha vida aburrida decide mercar un edificio de apartamentos nun ghetto de Brooklyn co obxectivo de desaloxar os inquilinos e reformar a propiedade. Mais así que comeza a coñecer os inquilinos, desenvolve unha relación afectiva con eles e decide abandonar a súa idea inicial.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 86 minutos
    • Estrea

    Rock Bottom

    María Trénor

    Rock Botton é a historia de amor autodestrutivo entre Bob e Alif, unha parella de artistas que viven o ambiente creativo e rompedor da cultura hippie dos anos 70. A súa relación florece nun verán apaixonado, pero as drogas transforman a súa vida nun pesadelo. Inspirada na vida e música de Robert Wyatt.

    • Cinema
    • VOSE
    • 184 minutos
    • Estrea

    Henry Fonda for President

    Alexander Horwath

    Coa voz de Henry Fonda como guía, tomada da súa última entrevista en 1981, este filme-ensaio expón un percorrido pola historia política de Estados Unidos desde o seu acervo cinematográfico.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Estrea

    Akiplėša / Toxic

    Saulė Bliuvaitė

    Marija e Kristina son dúas rapazas de 13 anos que devecen por fuxir da crúa realidade da súa cidade industrial. Coñécense nunha escola local de modelos, onde lles prometen unha vida mellor de triunfaren no mundo da moda.

    • Cinema
    • VOSE
    • 107 minutos
    • Repertorio

    Scarecrow / Espantallo

    Jerry Schatzberg

    Max, un presidiario que acaba de saír da cadea, atopa na estrada mentres fai autostop a Lionel, un vagabundo sen destino, moito máis novo ca el e cunha grande inxenuidade. Max ofrécelle unirse a el como socio nun negocio de lavado de automóbiles que pretende montar en Pittsburgh e o que aspira a poñer fin á súa carreira de convicto habitual de todo tipo de prisións

    • Cinema
    • VO
    • 100 minutos
    • Estrea

    Filmei paxaros voando

    Zeltia Outeiriño

    Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar.

    • Cinema
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Estrea

    Quiet Life / Vida en pausa

    Alexandros Avranas

    Sergei e Natalia e as súas dúas fillas son unha familia de refuxiados que intentan levar unha vida normal en Suecia: traballan arreo, envían as pequenas á escola local e aprenden o idioma, esperando ser algún día cidadáns do país.

    • Cinema
    • VOSE
    • 144 minutos
    • Repertorio

    The Day of the Locust / Como praga de lagosta

    John Schlesinger

    Tod Hackett chega a Hollywood a finais dos anos trinta co soño de traballar como decorador nun grande estudio cinematográfico. Alí coñece a Faye, unha moza ambiciosa que anhela triunfar como actriz e para iso se vai arrodeando de persoas que a poidan axudar a alcanzar o seu obxectivo. Xorde un romance entre eles, pero Faye acaba preferindo o estilo de vida que lle pode ofrecer un contable solitario

    • Cinema
    • VO
    • 61 minutos
    • Repertorio

    Programa Val del Omar

    José Val del Omar

    José Val del Omar é unha figura esencial e ao mesmo tempo insólita dentro da historia do cinema. Cineasta cunha visión poética inconfundible, inventor, místico e visionario. Nesta sesión especial achegámoslle ao público de Cineuropa o "Tríptico Elemental de España", a obra maiúscula deste cineasta.

    • Cinema
    • VO
    • 79 minutos
    • Estrea

    Reas

    Lola Arias

    Yoseli ten unha tatuaxe da Torre Eiffel nas costas e sempre quixo viaxar, pero foi arrestada no aeroporto por tráfico de drogas. Nacho é un home trans que foi detido por estafa e fundou unha banda de rock na prisión.