-
- Cinema
- DCP2K
- VO
- 124 minutos
- Repertorio
Mesa de debate: A folga de actores e actrices de 1975 + Siete días de enero
Reconstrución dos tráxicos acontecementos ocorridos en España no mes de xaneiro de 1977: o atentado dun grupo de ultradereita contra un despacho de avogados laboralistas vinculados ao Partido Comunista, no que morreron catro letrados e un administrativo, e quedaron gravemente feridos outros catro avogados. A matanza foi reivindicada pola Triple A (Alianza Apostólica Anticomunista) e formou parte dun intento de desestabilización da recentemente inaugurada democracia española.
Presenta
Calendario de eventos
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 84 minutos
- Repertorio
Sempre hai un mañá
Clifford Groves é un fabricante de xoguetes, canso da rutina e coa impresión de non ser debidamente apreciado pola súa muller e os seus fillos. Reencóntrase cunha antiga amiga, Norma Miller Vale, á que non ve desde hai vinte anos e a partir de aí comeza a repensar a súa vida.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 105 minutos
- Repertorio
Puzzle of a Downfall Child / Confesións dunha modelo
Lou Andreas Sand, unha antiga modelo recluída nunha casa á beira do mar, acepta contar a súa historia a un amigo fotógrafo que quere facer unha película sobre ela. A través da súa voz e da súa memoria fragmentada, reconstrúese o ascenso e a caída dunha muller atrapada entre a beleza, a fama e a inestabilidade emocional.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 104 minutos
- Repertorio
Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars
Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.