Presenta

Calendario de eventos

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • +12
    • Estrea

    Identidade borrada

    Joel Edgerton

    A historia céntrase no fillo dun pastor Bautista dunha cidade de Arkansas. O mozo con 19 anos decide contarlles a seus pais que é homosexual.

    • Cinema
    • DCP2K
    • +12
    • Estrea

    Donbass

    Sergei Loznitsa

    Cando se chama paz á guerra, cando a propaganda se presenta como a verdade, cando se lle chama amor ao odio, é aí onde a mesma vida comeza a parecerse á morte.

    • Cinema
    • DCP2K
    • +12
    • Estrea

    Á volta da esquina

    Thomas Stuber

    Christian, un mozo solitario e tímido, comeza a traballar nun gran supermercado. Bruno, «o das bebidas do corredor», acólleo baixo a súa tutela e axiña se converten en amigos.

  • «Episodios de Creación Contemporánea» achégase aos procesos creativos de catro artistas de Galicia e unha portuguesa

    Despois do Tac, Tac, Tac e do Fóra dos museos NUMAX coordina unha nova actividade que busca a inserción de investigacións e de procesos creativos dentro do seu espazo e coa vitrina instalada no espazo da libraría como punto de partida. Este ciclo comisariado por Ángel Calvo Ulloa busca o achegamento e o debate en relación a unhas prácticas que en ocasións ven debilitada a súa mensaxe como consecuencia dunha exposición entendida como un organismo inerte. O xoves 25 de abril ás 20:00 Calvo presentará o proxecto nun Episodio #0 xunto a Miguel Anxo Rodríguez, profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

    • Cinema
    • DCP2K
    • +12
    • Estrea

    Grazas a Deus

    François Ozon

    Alexandre vive en Lyon coa súa muller e fillos. Por casualidade, decátase de que o sacerdote que abusou del cando era un boy scout segue a traballar con nenos.

    • Cinema
    • DCP2K
    • +13
    • Repertorio

    A vida de Brian

    Terry Jones

    Brian nace nun presebre de Belén o mesmo día que Xesucristo. Unha morea de desgrazados e divertidísimos equívocos farán que leve unha vida paralela á do verdadeiro Fillos de Deus.

    • Cinema
    • DCP2K
    • TP
    • Estrea

    A portuguesa

    Rita Azevedo Gomes

    Estamos na Idade Media, inestábel e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica confinada durante once longos anos.

    • Cinema
    • DCP2K
    • TP
    • Repertorio

    Petís NUMAX: As aventuras da toupiña

    Zdeněk Miler

    Descobre o mítico personaxe da animación checa que deu a volta ao mundo: a toupiña. A súa curiosidade e picardía lévano a vivir unhas aventuras divertidas e entrañábeis, que darán as delicias de nenos e nenas. Unha produción única cargada de valores positivos como a amizade, o ecoloxismo, a creatividade ou o respecto á diferenza.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.