A escritora cubana Elaine Vilar Madruga presenta o libro «El cielo de la selva» na Libraría NUMAX
Na súa xira por España, a escritora cubana Elaine Vilar Madruga fai unha parada na Libraría NUMAX para presentar El cielo de la selva (Lava) o vindeiro sábado 21 de decembro ás 20:00h. A autora estará acompañada da actriz e escritora Iria Pinheiro. A entrada é libre ata completar aforo. Actividade en colaboración con Patasdepeixe Editora e Mona Produtora.
A selva é un deus famento. Un que che permite vivir a salvo nos seus dominio pero que esixe a cambio o máis alto dos prezos. A súa voracidade non remata nunca e os que viven baixo o seu control deben entregarlle os seus fillos como parte dunha cíclica homenaxe caníbal.
Neste conto de terror caribeño, as nais vense obrigadas a criar os seus propios fillos como futuro alimento, nun sacrificio feito de sangue e loucura. Se se desexa sobrevivir aquí, ningunha muller pode decidir non ser nai. E ningunha nai pode non converterse nunha mera produtora de carne humana para que o sistema de ofrendas e retribucións siga funcionando.
Nun mundo desapiadado de guerrilleiros e narcotraficantes, a selva garante seguridade aos seus habitantes, que renuncian a calquera tipo de dereito e esperanza nesta fábula terrible sobre a maternidade e o corpo da muller.
Elaine Vilar Madruga (La Habana, 1989). Narradora, poeta e dramaturga. Licenciada en Arte Teatral, na especialidade de Dramaturxia polo Instituto Superior de Arte (ISA) e profesora de escritura creativa. É fundadora do proxecto de coaching literario Laboratorio de Escrituras “Encrucijada”. Na súa carreira como escritora gañou diversos premios nacionais e internacionais. A súa obra foi editada en antoloxías ao longo do mundo, publicando en editorais de países como Estados Unidos, Canadá, Cuba, República Dominicana, España, Chile, Francia, Italia e México. É considerada unha das voces máis novas e máis importantes da Cuba literaria actual. A súa primeira novela, La tiranía de las moscas (Barrett, Sevilla, 2021), comercializouse exitosamente en España e Arxentina. El cielo de la selva (Lava) é a súa última novela.
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Dahomey
VOSE
-
-
La Parra
VO
-
-
Cando cae o outono
VOSE