Cinema

Foco Federico Fellini en NUMAX

O foco do mes de xaneiro en NUMAX recupera a obra, vida e pensamento dun dos creadores máis imaxinativos e soñadores da historia: Federico Fellini. Co gallo da estrea de Fellini dos espíritos, con material inédito sobre o director de Rimini, recuperamos tres das súas obras mestras: Almas sen conciencia, Fellini, oito e medio (8½) e Giulietta dos espíritos.

Martes 12 e 16 de xaneiro
Almas sen conciencia (1955, 95')
Tres estafadores que operan en Roma, Augusto, Roberto e Picasso, preparan un golpe coa axuda doutro estafador coñecido polo alcume de 'O Barón'. Este agárdaos nunha solitaria estrada para entregarlles as instrucións. O trío chega a unha casa de campo onde, aproveitando a boa fe dunhas pobres mulleres, estafa preto de medio millón de liras.
Sección oficial Venecia 1955

Martes 19 e 23 de xaneiro
Fellini, oito e medio (8½) (1963, 140')
Despois de obter un éxito rotundo, un director de cinema atravesa unha crise de creatividade e tenta inutilmente facer unha nova película. Nesta situación, empeza a pasar revista aos feitos máis importantes da súa vida e a lembrar a todas as mulleres que amou.
Oscar 1963 a mellor filme de fala non inglesa e mellor guión

Martes 26 e 30 de xaneiro
Giulietta dos espíritos (1965, 148')
Giulietta, que dubida da fidelidade e do amor do seu marido, acode a reunións espiritistas buscando consello e agardando un sinal que lle mostre que o seu marido aínda sente cariño por ela e que pode recuperalo. Por casualidade, coñece a Susy, unha muller que só vive para o amor e que está a piques de destrozar as ilusións de Giulietta.
Globo de Ouro 1965 mellor filme de fala non inglesa e mellor guión, Nomeado aos Oscar 1965 a mellor dirección artística e vestiario

Desde o venres 29 de xaneiro en estrea
Fellini dos espíritos (2020, 100')
Película documental que conta, por primeira vez, o mundo invisible Profundamente namorado da vida, Fellini viviu a súa mentres buscaba constantemente o seu significado. Con motivo do centenario do seu nacemento (20 de xaneiro do 1920), este documental investiga en profundidade a súa paixón polo que el definiu como "misterio" -o esotérico e o mundo invisible- na súa inesgotable procura de outras posibilidades, outras dimensións, outras viaxes; e de todo o que alimenta o voo do espírito e a mente. Estes temas, que impregnan a súa filmografía, foron obxecto da súa investigación persoal.
Sección Oficial Cannes 2020