Raquel Peláez presenta «Quiero y no puedo» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Quiero y no puedo (Blackie Books) de Raquel Peláez o xoves 24 de abril ás 20:30h. A autora estará acompañado polo xornalista Anxo F. Couceiro. A entrada é libre ata completar aforo.
1853 Eugenia de Montijo pide o seu primeiro Luisvi
1910 Alfonso XIII pon de moda o veraneo no norte
1950 A filla de Franco casa con Cristóbal Martínez- Bordiú, o pollopera
1963 Marisol ponse un vestido de Dior en Rumbo a Río
1965 Abre Bocaccio en Barcelona
1970 Julio Iglesias inaugura Porto Banús
1980 Primeiro suadoiro Don Algodón
1986 Homes G levan a palabra «elegante» ás masas
1992 Isabel Preysler e Miguel Boyer compran Villa Meona
2002 Casa a filla de Aznar no Escorial
2003 O Real Madrid ficha a David Beckham
2011 Cayetano Martínez de Irujo: «Os xornaleiros andaluces teñen poucas ganas de traballar».
2016 Felipe Juan Froilán de Todos os Santos alcanza a maioría de idade
2023 Estala a «Cayeborroka»
Fitos da historia de España, tal como a conta Raquel Peláez con mirada profundamente analítica e mordaz. A historia dun país encandeado polas aparencias, onde o imaxinario de veleiros, monterías, cócteles e bolsos de luxo convive cunha crecente e angustiosa desigualdade social.
Cando España se integrou de cheo na economía de libre mercado e adoptou os hábitos de consumo das denominadas sociedades “libres” apareceu un arquetipo social que xa nunca desapareceu do imaxinario español: o pijo. Aqueles mozos alegres, despreocupados e consumistas, nin de esquerdas nin de dereitas, que ían a concertos de Homes G con xerseis de cores pastel e plumíferos fluorescentes eran a cara luminosa e abrandada do Estado de Benestar e a promesa dun mundo sen problemas, como a cariña rechoncha de Snoopy, o seu ídolo. Ao longo do seguintes corenta anos os ricos españois foron mutando en infinitas variantes, tan escurridizas e sutís que xa no século XXI só atopan unha representación tan pura e caricaturesca como aquela primixenia: o cayetano. O universo simbólico cayetano contén todos os elementos do mundo despreocupado dos ricos dos oitenta pero engade moitos máis ingredientes que falan do triunfo radical do neoliberalismo, da nostalxia de tempos de señoritos, pero tamén da furia das tribos urbanas. Que é pois un pijo? Existen pijos “de verdade” e pijos “de mentira? Un pijo é sempre de dereitas? É o mesmo ser pijo que rico? Cuantos tipos de pijos existen? Nunha sociedade obsesionada co culto á imaxe, o diñeiro, o triunfo, non somos case todos uns pouco sospeitosos de pijismo? Por que o adxectivo “pijo” pasou de ser un insulto a un adxectivo que moitos soñan con poder arrogarse?
- Hoxe
- Ver máis
-
-
-
Sorda
VOSE
-
-
-
A viaxeira
VOSE
-
-
Muy lejos
VO