2001: Unha odisea do espazo
O filme de ciencia-ficción por excelencia da historia do cinema narra os diversos períodos da historia da humanidade, non só do pasado, senón tamén do futuro. Ler máis
O filme de ciencia-ficción por excelencia da historia do cinema narra os diversos períodos da historia da humanidade, non só do pasado, senón tamén do futuro. Ler máis
Un grupo de recrutas prepárase en Parris Island, centro de adestramento da mariña norteamericana. Están baixo as ordes do sarxento Hartman, duro e implacable, cuxa única misión na vida é endurecer o corpo e a alma dos novatos, co obxectivo de que no futuro poidan defenderse do inimigo. Ler máis
Gran Bretaña, nun futuro indeterminado. Alex é un mozo moi agresivo que ten dúas paixóns: a violencia desaforada e Beethoven. É o xefe da banda dos drugos, que dan renda solta aos seus instintos máis salvaxes apaleando, violando e aterrorizando a poboación. Ler máis
O profesor Borg, un eminente médico, debe ir a Estocolmo para recibir unha homenaxe da súa universidade. Sobrecollido, tras un soño no que contempla o seu propio cadáver, decide emprender a viaxe en coche coa súa nora, que acaba de abandonar a súa casa, tras unha discusión co seu marido, que se nega a ter fillos. Ler máis
Adaptación dunha novela do escritor inglés William Tackeray. Barry Lyndon, un mozo irlandés ambicioso e sen escrúpulos, vese obrigado a emigrar a causa dun duelo. Leva a partir de entón unha vida errante e chea de aventuras. Ler máis
Bob é un vello gánster e un xogador empedernido que está a piques de arruinarse. Daquela, a pesar das advertencias dos seus amigos, decide atracar o casino de Dauville. Todo está planeado á perfección, pero a policía está informada do atraco. Ler máis
Catro amigos que viven na cidade deciden pasar unha fin de semana nos Montes Apalaches, lonxe das súas familias e os problemas da oficina. Queren baixar en canoa un río que atravesa un bosque que axiña será inundado pola construción dunha presa. Ler máis
Despois dos sucesos d'O resplandor', Danny Torrance (Ewan McGregor) é un adulto que vive atormentado cos feitos sucecidos décadas atrás no Hotel Overlook, cando era un neno de 5 anos. Ler máis
William Harford é un respectábel médico neoyorquino cuxa vida parece ir moi ben: está casado cunha fermosa muller, ten unha filla e ten un traballo que lle gusta. Pero, ao día seguinte de asistir a unha festa, a súa muller Alice fálalle dunhas fantasías eróticas e de como estivo a piques de romper o seu matrimonio por un descoñecido. Ler máis
Humbert Humbert, un profesor corentón, chega a Ramsdale (New Hampshire) e aluga un cuarto en casa da viúva Charlotte Haze que ten unha filla de once anos. Humbert namora perdidamente da rapariga e concibe un perverso plan: casar coa nai para estar sempre preto de Lolita. Ler máis
Urxida pola necesidade de diñeiro para cubrir os seus cuantiosos gastos, unha condesa vende uns pendentes que lle agasallou o seu marido e a este dille que os extraviou. O xoieiro, indiscreto, cóntalle ao conde o sucedido e véndelle a alfaia que, tras distintos avatares, chega a mans dun diplomático italiano. Ler máis
Futuro, ano 2000. Na megalópole de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo, onde se encontra o corazón industrial da cidade. Ler máis
Unha familia trasládase a un hotel illado para pasar o inverno. Axiña, unha presenza demoníaca conduce o pai cara á violencia, mentres o seu psicótico fillo percibe arrepiantes presaxios sobre o pasado e o futuro. Ler máis
A inicios do século XIX, durante as guerras napoleónicas, un tenente do exército francés, o aristócrata Armand D'Hubert (Keith Carradine), recibe a orde de arrestar o tenente Feraud (Harvey Keitel) por ter participado nun duelo. Feraud, encolerizado, desafiará unha e outra vez a D'Hubert durante quince anos. Ler máis
Xapón, século XII. En Kioto, baixo as portas do derruído templo de Rashomon, goréncense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado ter dado morte a un señor feudal e violado a súa esposa. Ler máis
Un científico é enviado á estación espacial dun remoto planeta cuberto de auga para investigar a misteriosa morte dun médico. Adaptación do clásico da ciencia ficción do escritor polaco Stanislaw Lem. Ler máis
Un extraterrestre no corpo dunha misteriosa muller deambula polas rúas de Escocia, arrastrando a homes solitarios e confiados a un destino fatal. A adaptación da novela homónima de Michel Faber permítenos observar o noso mundo a través dos ollos dunha alieníxena. Ler máis