Nocturama '24 ― Stanley Kubrick: unha odisea

En carteleira

Ver a programación

Eyes Wide Shut

Stanley Kubrick

William Harford é un respectábel médico neoyorquino cuxa vida parece ir moi ben: está casado cunha fermosa muller, ten unha filla e ten un traballo que lle gusta. Pero, ao día seguinte de asistir a unha festa, a súa muller Alice fálalle dunhas fantasías eróticas e de como estivo a piques de romper o seu matrimonio por un descoñecido. Ler máis

Lolita

Stanley Kubrick

Humbert Humbert, un profesor corentón, chega a Ramsdale (New Hampshire) e aluga un cuarto en casa da viúva Charlotte Haze que ten unha filla de once anos. Humbert namora perdidamente da rapariga e concibe un perverso plan: casar coa nai para estar sempre preto de Lolita. Ler máis

Rashomon

Akira Kurosawa

Xapón, século XII. En Kioto, baixo as portas do derruído templo de Rashomon, goréncense da torrencial choiva un leñador, un sacerdote budista e un peregrino. Os tres discuten sobre o xuízo a un bandido, acusado ter dado morte a un señor feudal e violado a súa esposa. Ler máis

Pases únicos 22 de xullo e 22 de agosto

Under the Skin

Jonathan Glazer

Un extraterrestre no corpo dunha misteriosa muller deambula polas rúas de Escocia, arrastrando a homes solitarios e confiados a un destino fatal. A adaptación da novela homónima de Michel Faber permítenos observar o noso mundo a través dos ollos dunha alieníxena. Ler máis

Pases únicos 23 de xullo e 21 de agosto

A laranxa mecánica

Stanley Kubrick

Gran Bretaña, nun futuro indeterminado. Alex é un mozo moi agresivo que ten dúas paixóns: a violencia desaforada e Beethoven. É o xefe da banda dos drugos, que dan renda solta aos seus instintos máis salvaxes apaleando, violando e aterrorizando a poboación. Ler máis

Pases únicos 24 de xullo e 19 de agosto

Os duelistas

Ridley Scott

A inicios do século XIX, durante as guerras napoleónicas, un tenente do exército francés, o aristócrata Armand D'Hubert (Keith Carradine), recibe a orde de arrestar o tenente Feraud (Harvey Keitel) por ter participado nun duelo. Feraud, encolerizado, desafiará unha e outra vez a D'Hubert durante quince anos. Ler máis

Pases únicos 29 de xullo e 13 agosto

Metrópole

Fritz Lang

Futuro, ano 2000. Na megalópole de Metrópole a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condeados a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo, onde se encontra o corazón industrial da cidade. Ler máis

Pases únicos 31 de xullo e 14 de agosto

A chaqueta metálica

Stanley Kubrick

Un grupo de recrutas prepárase en Parris Island, centro de adestramento da mariña norteamericana. Están baixo as ordes do sarxento Hartman, duro e implacable, cuxa única misión na vida é endurecer o corpo e a alma dos novatos, co obxectivo de que no futuro poidan defenderse do inimigo. Ler máis

Filmes xa programados

Amorodos salvaxes

Ingmar Bergman

O profesor Borg, un eminente médico, debe ir a Estocolmo para recibir unha homenaxe da súa universidade. Sobrecollido, tras un soño no que contempla o seu propio cadáver, decide emprender a viaxe en coche coa súa nora, que acaba de abandonar a súa casa, tras unha discusión co seu marido, que se nega a ter fillos. Ler máis

Barry Lyndon

Stanley Kubrick

Adaptación dunha novela do escritor inglés William Tackeray. Barry Lyndon, un mozo irlandés ambicioso e sen escrúpulos, vese obrigado a emigrar a causa dun duelo. Leva a partir de entón unha vida errante e chea de aventuras. Ler máis

Bob, le flambeur

Jean-Pierre Melville

Bob é un vello gánster e un xogador empedernido que está a piques de arruinarse. Daquela, a pesar das advertencias dos seus amigos, decide atracar o casino de Dauville. Todo está planeado á perfección, pero a policía está informada do atraco. Ler máis

Ver máis