As dúas viaxes de Xaquín Marín
Volume que supón unha nova achega ao propósito de posta en valor do labor dos pioneiros da historieta galega, neste caso a través da obra de Xaquín Marín (Ferrol, 1943). A edición reúne dúas importantes mostras: a historieta, inédita até o de agora, Buscando otro mundo, e, a seguir, a reedición de A longa viaxe de volta dende as estrelas, dada a coñecer en 1975 no primeiro álbum da banda deseñada galega, "2 Viaxes", no que aparecía acompañada doutro traballo asinado por Reimundo Patiño. Ambas as obras de Xaquín Marín representan os seu primeiros atoutiños no xénero e propoñen unha lectura en clave simbólica na que se percibe a presenza do seu compromiso social e político, cinguido ás preocupacións do contexto no que foron creadas, e conforman unha lúcida reflexión de alcance universal e imperecedoiro, ao tempo que dan conta da súa orixinal proposta de rotulación, figuración e composición da páxina.
- Editorial: El Patito Editorial |
- Ano: 2010 |
- Páxinas: 80 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- Ilustración: Marín, Xaquín |
- ISBN: 978-84-937256-5-5 |