Cinema

Catálogo renovado de NUMAX na Escola para o curso 2022-23

Como cada mes de setembro no Cinema NUMAX retomamos con toda a ilusión o noso programa de proxeccións didáticas NUMAX na Escola cun catálogo amplo e renovado de filmes dirixidos aos diferentes niveis educativos, desde infantil e primaria ata secundaria e bacharelato

Educación infantil e primaria

O catálogo para educación infantil e primaria está ordeado en base aos rangos de idade recomendada, con compilacións de curtametraxes para crianzas e primeiros cursos de primaria, e longas de animación especialmente adaptadas para os últimos cursos do ciclo. Entre as novidades para este 2022-23 descatacamos a animación galega gañadora do Goya Valentina, protagonizada por unha nena con Síndrome de Down, Mironins, inspirada nos motivos visuais de Miró, e compilacións de curtas cheas de valores e diversión como Superverme, A estrela dos simios, Zog e os doutores voadores ou Bo día, mundo!

Decarga aquí o catálogo completo para infantil e primaria.

Educación secundaria e bacharelato

No tocante á nosa proposta para os cursos de secundaria e bacharelato, o catálogo está estruturado en base aos seus eixos temáticos, como son a educación en igualdade, o desenvolvemento sostible e redes sociais e novos medios entre outros. A actual proposta pódese complementar cos filmes que estreamos na sala durante o curso.

Entre as novas fitas descatamos obras do Novo Cinema Galego como Dorothé na Vila, sobre a musicóloga Dorothé Schubarth; grandes obras do animeBelle, A princesa Mononoke— ou a animación —Onde está Anne Frank?—; radiografías da adolescencia —Camila saldrá esta noche, Libertad—; reflexións sobre o uso das redes sociais —Snowden, Arthur Rambo— ou o desenvolvemento sostible  —Alcarràs, Panteras, Gagarine, Un pequeno plan... Como salvar o planeta—.

Decarga aquí o catálogo completo para secundaria e bacharelato.

Información e reservas no correo [email protected] ou no teléfono 981 560 250.