Cinema

O mellor cinema para crianzas todos os domingos pola mañá en Petís NUMAX

Todos os domingos ás 11:30 da mañá as máis pequenas da casa teñen unha cita co mellor cinema para crianzas en Petís NUMAX. Unha estupenda iniciación na sétima arte que combina alfaias da animación contemporánea con grandes clásicos da comedia (Chaplin, Keaton, Tati). A actividade ten tarifa reducida para menores de 13 anos e entradas gratuítas! Pide xa a túa tarxeta Petís na nosa billeteira.

Desde este mes de marzo as matinais dos domingos en NUMAX ofrecen unha selecta programación de cinema para introducir as crianzas no mellor cinema. Xa podes consultar os títulos e horarios da nosa programación Petís para os meses de marzo, abril e maio, onde destaca a presenza de grandes filmes de estrea que chegan ás salas tras o seu paso por prestixiosos festivais (A famosa invasión dos osos en Sicilia —Festival de Cannes—, O bosque de Haquivaqui —Shanghai Film Festival —), estupendas compilacións de curtas de aprendizaxe (A sopa de pedras) e grandes clásicos do cinema como a toupiña Krtek (As aventuras da toupiña), os mestres da comedia muda Charles Chaplin (Tempos modernos) e Buster Keaton (Veciños + O grande espectáculo + O espantallo) ou o xenial e inclasificábel Jacques Tati (Día de festa).

Pide xa a túa tarxeta Petís na que iremos selando cada sesión co carimbo da nosa querida toupiña e, se vés a 5 proxeccións, a seguinte vai da nosa conta! Ademais todos os pases teñen entrada reducida a 4€ para menores de 13 anos.

29 de febreiro (16:00h* horario especial) | 1 e 15 de marzo ás 11:30
A famosa invasión dos osos en Sicilia (Lorenzo Mazzotti, 82', 2019,  VE, +7)

8 e 22 de marzo ás 11:30
Tempos modernos (Charles Chaplin, 89', 1936, VOSE, +7)

29 de marzo e 12 de abril ás 11:30
A sopa de pedras (VV.AA., 40', 2016,  VE, +3)

5 e 19 de abril ás 11:30
Curtametraxes Buster Keaton: Veciños + O grande espectáculo + O espantallo (59', 1920-1921, VOSE, +4)

26 de abril e 10 de maio ás 11:30
O bosque de Haquivaqui (Rasmus A. Sivertsen, 75', 2016, VE, +4)

3 e 17 de maio ás 11:30
Día de festa (Jacques Tati, 81', 1949, VOSE, +7)

24 e 31 de maio ás 11:30
As aventuras da toupiña (Zdeněk Miller, 40', 1969-1975, VO, +3)