Presenta

Calendario de eventos

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 104 minutos
    • Repertorio

    Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars

    Irvin Kershner

    Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 96 minutos
    • Estrea

    La mitad de mi familia

    Ariel Wolf

    Mentres a pandemia illa os uruguaios, Ariel proponse filmar a súa nai, Doris, unha destacada psicanalista. A través do seu relato, ela tece a historia da súa familia xudía que fuxiu de Alemaña, e tamén dos seus parentes nazis que ficaron. Fálanos de amor e desamor entre o seu pai xudeu e a súa nai alemá, filla dun nazi, e de como esa herdanza seuge a afectar as relacións entre pais e fillos 80 anos despois.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 84 minutos
    • Repertorio

    Lola

    Jacques Demy

    En Nantes, Lola, unha bailarina de cabaré, leva sete anos agardando o regreso de Michel, o amante que a abandonou sen saber que estaba embarazada. No seu camiño crúzanse dous homes: Frankie, un mariñeiro estadounidense, e Roland Cassard, un antigo amigo de infancia que se namora dela. Pero Lola segue fiel ao recordo do seu amor perdido.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 105 minutos
    • Repertorio

    Un coeur en hiver / Un corazón en inverno

    Claude Sautet

    Stéphane e Maxime fabrican e reparan violíns e outros instrumentos de corda. Un día, Maxime confésalle ao seu amigo que namorou de Camille, unha nova e talentosa violinista. Os primeiros encontros entre Camille e Stéphane son fríos, mais aos poucos ela empeza a sentirse atraída polo carácter reservado e impenetrable do socio do seu mozo. A resposta contida e enigmática de Stéphane convértese nun xogo de sedución silenciosa, onde o que se expresa é tan importante como o que queda sen dicir.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 99 minutos
    • Repertorio

    A Single Man / Un home solteiro

    Tom Ford

    Os Ánxeles, 1962. George Falconer é un profesor universitario británico que tenta comprender o sentido da vida tras a morte de Jim, o seu compañeiro sentimental. A dor e o baleiro empúrrano cara a unha decisión definitiva, mais ao longo dun día cheo de encontros e lembranzas, a presenza da súa amiga Charley e a beleza efémera do mundo poñerán á proba o seu desexo de rendición.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 113 minutos
    • Estrea

    Tesis sobre una domesticación

    Javier Van de Couter

    Unha actriz travesti, estrela do teatro porteño, alcanza o éxito profesional e económico e decide, xunto co seu home —un avogado acomodado—, adoptar un fillo. Mais ese soño de plenitude comeza a esfarelarse cando o pasado reaparece e a “domesticación” da súa vida parece poñer en risco a súa liberdade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 96 minutos
    • Repertorio

    La maison sous les arbres / A casa baixo as árbores

    René Clément

    Philip Hallard, un experto en espionaxe industrial retirado, vive en París coa súa muller, Jill, e cos seus dous fillos nunha aparente tranquilidade, traballando agora como informático. Pero esa paz esváese cando unha poderosa organización secreta secuestra os nenos para obrigalo a regresar ao seu antigo oficio.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 114 minutos
    • Repertorio

    Boys Don't Cry / Os rapaces non choran

    Kimberly Peirce

    Ambientada en Nebraska, esta poderosa dramatización real recrea a historia de Brandon Teena, un mozo trans que, baixo a aparencia dun home, tenta construír unha nova vida nunha pequena comunidade rural. O filme explora o amor, a identidade e a violencia, e acende unha luz sobre a vulnerabilidade e a coraxe de quen se enfronta ao rexeitamento e á discriminación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Sunday, Bloody Sunday / Domingo, maldito domingo

    John Schlesinger

    Daniel Hirsh, médico homosexual de mediana idade, e Alex, unha muller divorciada, comparten —sen sabelo ao principio— unha relación co mesmo home: Bob, un artista máis novo ca eles. A medida que as historias se entrelazan, a película explora con serenidade e complexidade emocional os límites do amor, o desexo e a soidade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 93 minutos
    • Repertorio

    L'amour l'après-midi / O amor despois do mediodía

    Éric Rohmer

    Frédéric leva unha vida académica acomodada: casado coa súa muller Hélène, avanza cara ao nacemento dun segundo fillo e goza dunha rutina tranquila. Mais a serenidade vese alterada cando reaparece na súa vida Chloé, un antigo amor libre e sedutor que devolve ao seu mundo a tentación e o desexo. A través de tardes informais, paseos e conversacións, Frédéric enfróntase á dúbida: permanecer fiel ao compromiso vello e seguro ou sucumbir á promesa dunha liberdade illada mais fugaz.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 122 minutos
    • Estrea

    Nuestra tierra

    Lucrecia Martel

    En 2009, un home e dous cómplices tentan desaloxar os membros da comunidade indíxena Chuschagasta, no norte de Arxentina. Reclamando a propiedade da terra e armados con pistolas, matan o líder da comunidade, Javier Chocobar. O asasino queda gravado en vídeo. Tras nove anos de protestas, en 2018 ábrese finalmente o proceso xudicial. Durante todo este tempo, os asasinos seguen libres.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 96 minutos
    • Estrea

    La mitad de mi familia

    Ariel Wolf

    Mentres a pandemia illa os uruguaios, Ariel proponse filmar a súa nai, Doris, unha destacada psicanalista. A través do seu relato, ela tece a historia da súa familia xudía que fuxiu de Alemaña, e tamén dos seus parentes nazis que ficaron. Fálanos de amor e desamor entre o seu pai xudeu e a súa nai alemá, filla dun nazi, e de como esa herdanza seuge a afectar as relacións entre pais e fillos 80 anos despois.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 109 minutos
    • Repertorio

    Mildred Pierce / Almas en suplicio

    Michael Curtiz

    Tras ser abandonada polo seu home, Mildred decide saír adiante pola súa conta e funda un exitoso negocio de restauración, sacrificando todo polo benestar da súa filla Veda. Mais a relación entre ambas, marcada pola ingratitude, a envexa e o desexo de ascenso social, acaba converténdose nun tormento que conducirá á destrución. "Alma en suplicio" é un melodrama clásico con trazos de film noir sobre o amor maternal levado ao límite, a culpa e o prezo da ambición.