-
- Cinema
- VOSE
- 124 minutos
- Repertorio
Le hussard sur le toit / The Horseman on the Roof / O húsar no tellado
En 1832, o oficial italiano Angelo Pardi foxe dos axentes austríacos e chega á Provenza, devastada por unha epidemia de cólera. Acusado inxustamente de envelenar unha fonte, consegue escapar e coñece a Pauline de Théus, unha aristócrata que atravesa a rexión na procura do seu home.
Presenta
Calendario de eventos
-
- Cinema
- VO
- 91 minutos
- Repertorio
Bosque arriba en la montaña
En 2017, Rafael Nahuel, un mozo mapuche, foi asasinado pola Prefectura Naval arxentina na Patagonia. A partir de documentos xudiciais e arquivos oficiais, Sofía Bordenave relaciona o crime coa historia de violencia estatal e desposuimento territorial do pobo mapuche, desde a chamada Conquista do Deserto, no século XIX. O bosque convértese así en testemuña da violencia e espazo de resistencia fronte aos relatos oficiais.
-
- Cinema
- VOSE
- 99 minutos
- Repertorio
The Trouble with Harry / Pero... quen matou a Harry?
Nunha pequena localidade rural de Vermont aparece o cadáver de Harry, un home cuxa morte parece implicar a varios veciños. Cada un deles teme ser responsable do sucedido, pero ninguén parece demasiado interesado en avisar a policía.
-
- Cinema
- VOSE
- 95 minutos
- Repertorio
The Reflecting Skin / A pel que brilla
Nunha comunidade rural de Idaho nos anos cincuenta, Seth Dove, un neno de oito anos fascinado polas historias de vampiros, vive nun ambiente familiar marcado pola violencia e o medo. Cando varios nenos desaparecen en circunstancias misteriosas, Seth comeza a sospeitar que Dolphin Blue, unha viúva solitaria que vive preto da súa casa, é unha vampira.
-
- Cinema
- VOSE
- 99 minutos
- Repertorio
Chronovisor
Béatrice Courte, unha académica francesa que investiga as teorías históricas da memoria, descobre o caso dun monxe beneditino que afirmaba ter inventado un dispositivo capaz de reproducir imaxes de calquera momento do pasado, incluída a crucifixión de Cristo.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 107 minutos
- Repertorio
Nosso Segredo
Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó.
-
- Cinema
- DCP2K
- VOSE
- 107 minutos
- Repertorio
Nosso Segredo
Unha familia negra brasileira da cidade de Belo Horizonte tenta reconstruír o seu fogar tras unha perda recente. Incapaces de expresar o que senten, a nai e os seus fillos refúxianse nas súas rutinas individuais para fuxir do dó.
-
- Cinema
- VO
- 330 minutos
- Repertorio
Biografía de Jorge Luís Borges
A partir dunha revisión exhaustiva dos documentos que deixou Jorge Luis Borges, dos libros que leu e dos lugares que percorreu, Mariano Llinás emprende unha investigación para descifrar a vida do escritor arxentino.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.