Presenta
- Ver todo
-
Estrea
Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.
-
Repertorio
Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.
-
Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX. Un ciclo que renovamos ano a ano e que reúne os títulos máis arriscados e anovadores da carteleira.
-
Petís NUMAX
A nosa proposta para crianzas chámase Petís NUMAX, unha estupenda selección de filmes ideal para iniciar na sétima arte ás petís da casa.
-
Pioneiras
O ciclo Pioneiras recupera e pon en valor a figura de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois.
-
O cine checo dos sesenta. Alén da nova vaga
Nos meses de febreiro e marzo de 2025, da man da distribuidora Lost&Found, afondaremos nunha das xeracións máis talentosas do cinema moderno que xermolou na Checoslovaquia dos anos 60. Proxectaremos obras de Miloš Forman, Věra Chytilová, Vojtěch Jasný, Jan Němec, Karel Kachyňa, Juraj Herz e Drahomíra Vihanová.
-
20 MICE
A 20º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego vívese en NUMAX do 13 ao 15 de marzo de 2025.
-
Foco Jean Renoir
A sección de Repertorio do mes de abril estará dedicada a un dos maiores xenios da sétima arte, Jean Renoir, de quen proxectaremos obras representativas dalgunhas das súas etapas, desde o realismo poético d'O crime do señor Lange' ou 'Boudu salvado das augas', até o seu regreso a Francia nos 50, con 'French Cancan' ou unha obra capital filmada na India como é 'O río'.
- Presentacións
- Proximamente
Calendario de eventos
- Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.