Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 104 minutos
    • Repertorio

    Eyes of Laura Mars / Os ollos de Laura Mars

    Irvin Kershner

    Laura Mars, unha fotógrafa de Nova York famosa polas súas imaxes provocadoras de violencia e erotismo, comeza a ter inquietantes visións: ve a través dos ollos dun asasino mentres este comete os seus crimes. A medida que as mortes se achegan ao seu círculo máis íntimo, Laura tenta distinguir entre a inspiración artística e a obsesión, entre a realidade e a alucinación.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 78 minutos
    • Estrea

    Camp d'été / Campamento de verán

    Mateo Ybarra

    En Suíza, o movemento scout non é unha reliquia do pasado, senón unha realidade viva e entusiasta. Este documental acompaña un grupo de mozos e mozas durante catorce días de convivencia nun campamento instalado nun val suízo, onde milleiros de adolescentes constrúen unha pequena vila temporal. A través das súas actividades —traballo en equipo, aprendizaxe, disciplina, reflexión e alegría compartida— o filme retrata o idealismo e o sentido ético que sustentan o espírito scout. Un retrato luminoso e cheo de vida sobre a amizade, a responsabilidade e o tránsito á madurez.

  • Antón Lopo presenta «A distancia do lobo» na Libraría NUMAX

    A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro A distancia do lobo (Noudelo e Ribón) de Antón Lopo o xoves 20 de novembro ás 19h. O autor conversará con Elba Rey, viúva de Uxío Novoneyra, e Branca Novoneyra. A entrada é libre ata completar aforo.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 115 minutos
    • Estrea

    White Snail / Caracol branco

    Elsa Kremser, Levin Peter

    Masha, unha modelo que busca o traballo dos seus soños en China, e Misha, un pintor que traballa nun depósito de cadáveres, entablan unha relación profunda e tráxica.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSG
    • 96 minutos
    • Estrea

    The Botanist / O botánico

    Jing Yi

    Nun remoto val da fronteira norte de Xinjiang, en China, Arsin, un neno solitario de orixe kazaka, conserva apenas lembranzas da súa familia e atopa consolo entre as plantas que coida con delicadeza. A chegada de Meiyu, unha rapaza chinesa da etnia han, irrompe na súa rutina como o descubrimento dunha nova especie: estraña, fermosa e chea de misterio. Entre ambos nace unha amizade silenciosa, tan fráxil como o ecosistema que os rodea, na que aprenden a mirar o mundo como un océano sen límites.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 97 minutos
    • Estrea

    Ciudad sin sueño

    Guillermo Galoe

    Toni ten 15 anos e vive na Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nas aforas de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días ao carón do seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición ameazan con arrasar con todo o que coñecen.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +12
    • 100 minutos
    • Repertorio

    Sans soleil

    Chris Marker

    Probablemente a obra mestra de Chris Marker. Un fascinante documental experimental que a xeito de diario de viaxe e reflexiona sobre a imaxe e a memoria. O pase será presentado polo profesor e cineclubista Iván García Ambruñeiras.