Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 115 minutos
    • Estrea

    Maspalomas

    Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi

    Logo de romper coa súa parella, Vicente (76) leva a vida que quere en Maspalomas: o seu día a día pásao deitado ao sol, de festa e na procura de pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla (Nagore Aranburu) a quen abandonou anos atrás.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 103 minutos
    • Estrea

    Estrany riu

    Jaume Claret Muxart

    Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado muda o rumbo da viaxe: un misterioso rapaz aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 170 minutos
    • Estrea

    Unha batalla tras outra

    Paul Thomas Anderson

    Paul Thomas Anderson ("Pozos de ambición", "Licorice Pizza") adapta a novela "Vineland", de Thomas Pynchon, escrita en 1990, sobre os movementos radicais dos anos sesenta. Cando o seu malvado inimigo rexorde despois de 16 años, unha banda de exrevolucionarios reúnese para rescatar a filla dun dos seus, encarnado por Leonardo DiCaprio, na súa primeira colaboración co aclamado cineasta.

    • Cinema
    • HD
    • VOSE
    • 188 minutos
    • Repertorio

    Magnolia

    Paul Thomas Anderson

    O filme consta de nove tramas paralelas ambientadas no Val de San Fernando, en Los Angeles: un neno prodixio, o presentador dun concurso de televisión, un ex-neno prodixio, un moribundo, o seu fillo perdido, a muller e o enfermeiro do moribundo. Son historias aparentemente independentes, pero que gardan entre si unha estraña relación.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 103 minutos
    • Estrea

    Estrany riu

    Jaume Claret Muxart

    Dídac ten dezaseis anos e viaxa en bicicleta polo Danubio coa súa familia. Entre días calorosos, un encontro inesperado muda o rumbo da viaxe: un misterioso rapaz aparece entre as augas do río. A súa presenza enigmática non só esperta algo novo en Dídac, senón que empeza a alterar a relación coa súa familia.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 84 minutos
    • Repertorio

    Sempre hai un mañá

    Douglas Sirk

    Clifford Groves é un fabricante de xoguetes, canso da turina e coa impresión de non ser debidamente apreciado pola súa muller e os seus fillos. Reencóntrase cunha antiga amiga, Norma Miller Vale, á que non ve desde hai vinte anos e a partir de aí comeza a repensar a súa vida.

    • Cinema
    • HD
    • VOSE
    • 83 minutos
    • Estrea

    Na busca do violín perfecto

    Hans Lukas Hansen

    En Cremona, un lutier apaixonado está ante o reto da súa vida: fabricar o violín perfecto para a artista Janine Jansen. Para iso terá que viaxar por media Europa, negociar coa mafia e evitar zonas minadas até atopar a árbore que sirva para construír este instrumento para a eternidade.