Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +16
    • 97 minutos
    • Estrea

    Ciudad sin sueño

    Guillermo Galoe

    Toni ten 15 anos e vive na Cañada Real, o asentamento irregular máis grande de Europa, nas aforas de Madrid. Orgulloso de pertencer á súa familia de chatarreiros, pasa os días ao carón do seu avó, ao que admira e segue a todas partes. Pero as máquinas de demolición ameazan con arrasar con todo o que coñecen.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 72 minutos
    • Os ollos verdes

    Curtametraxes Jean-Jacques Martinod

    Jean-Jacques Martinod

    En colaboración co festival Novos Cinemas de Pontevedra, programamos unha escolma de curtas do cineasta ecuatoriano Jean-Jacques Martinod, nas que combina materiais de arquivo, fitas analóxicas, medios dixitais, operacións sinestésicas e diarios de viaxe. As pezas proxectadas son La bala de Sandoval (2019), Antes del diluvio (2020) e Alborada de Datura (2021).

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Level Five

    Chris Marker

    Laura, unha programadora, recibe un encargo póstumo do seu xefe: contemplar un videoxogo sobre a batalla de Okinawa. A medida que investiga e se mergulla nos horrores da guerra, a liña entre a realidade e a ficción difumínase, levándoa a unha fonda reflexión sobre a memoria, a historia e a tecnoloxía.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 113 minutos
    • Repertorio

    Europa '51

    Roberto Rossellini

    Un rico matrimonio estadounidense que leva en Roma unha vida despreocupada, ve como o seu fillo se suicida. A nai, traumatizada e sentíndose culpable por non ter atendido máis o seu fillo desde a infancia, decide axudar a xente máis necesitada nos barrios máis humildes da cidade. Porén, a súa axuda a un ladrón vaina poñer baixo sospeita a ollos da policía.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 52 minutos
    • Estrea

    O camiño de Cova Eirós

    Xose González Varela

    En 2012, un grupo de arqueólogos descobre as primeiras pinturas rupestres de Galicia no interior da Cova de Eirós, nos Ancares lucenses. Este documental retrata o seu a labor ao longo de varios anos, achegándose ao traballo arqueolóxico dunha forma íntima e minuciosa como nunca antes se mostrara.