Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +12
    • 94 minutos
    • Estrea

    Yo no moriré de amor

    Marta Matute

    Aos seus 18 anos, Claudia non quere ser a heroína da súa familia. A doenza da súa nai irrompe na súa casa como unha treboada silenciosa. Porén, Claudia só quere vivir como calquera persoa da súa idade. Entre o deber familiar e o desexo de explotar a súa xuventude, Claudia terá que elixir como amar sen renunciar a si mesma.

    • Cinema
    • DCP4K
    • VOSE
    • +12
    • 89 minutos
    • Estrea

    A moza do coro

    Urška Djukić

    Lucija, unha moza introvertida de 16 anos, únese ao coro feminino do seu colexio católico, onte entabla amizade con Ana-Marija, unha alumna popular e segura de si mesma. Durante un retiro de fin de semana nun convento rural, o interese de Lucija por un atractivo obreiro de ollos escuros porá a proba a súa amizade con Ana-Marija e as demais rapazas.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • 102 minutos
    • Estrea

    Los sueños que compartimos

    Valentina Leduc

    Comunidades de pobos orixinarios maias cruzan o Océano Atlántico para dialogar con comunidades que actúan en defensa do territorio, a auga, os ríos e os bosques. Esta viaxe fía e contén as historias que conforman a película: o cotián de comunidades que levan a cabo accións para protexer a vida, desde os pobos zapatistas de Chiapas até a aldea de Froxán, en Galicia.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 124 minutos
    • Repertorio

    O castelo no ceo

    Hayao Miyazaki

    Sheeta é a única persoa no mundo que coñece o segredo da cidade flotante, resultado dunha civilización ao parecer extinguida. Pazu é un mozo rebelde que se vai cruzar no seu camiño. Alcanzar o castelo no ceo e coñecer os seus misterios ocultos vaise converter nunha odisea chea de aventuras e personaxes, reforzando á vez a relación de afecto entre Pazu e Sheeta ante a adversidade.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +12
    • 88 minutos
    • Estrea

    Dos días

    Gonzaga Manso

    Jose Antonio ten 89 anos está a perder a memoria, pero resístese a depender dos demais e deixar de facer o que leva toda unha vida facendo. Pese á prohibición familiar, convence o seu amigo Mindo, ao que hai anos que non ve, a saír a pescar na súa barca. A saída complícase cando quedan sen combustible e, coa noite e a brétema, quedan á deriva no medio do mar.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.