- Cinema
- DCP2K
- +16
- Estrea
Backrooms: Liquidación total (Versión estendida)
Unha estraña porta aparece no soto dunha exposición de mobles. Inclúe 16 minutos de metraxe nunha nova versión estendida do director.
Unha estraña porta aparece no soto dunha exposición de mobles. Inclúe 16 minutos de metraxe nunha nova versión estendida do director.
Mumbo Jumbo vive tranquilo coa súa nai nun pequeno val. Pero, un bo día, todo vira: por accidente Mumbo come un cogomelo máxico que o fai medrar de golpe…
Non ficción sobre a vida do cantautor e filósofo Chicho Sánchez Ferlosio, fillo do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio. O filme retrata a vida cotiá e as reflexións dun cantautor irrepetible, así como o propio dispositivo de rodaxe, con Fernando Trueba a dirixir a súa segunda longametraxe. Un achegamento á vida de Chicho e a súa compañeira Rosa a través das súas cancións de resistencia.
Para algúns, Narciso é unha figura de liberación; para outros, unha ameaza.
"Naza" é o acrónimo eufemístico empregado polos servizos de intelixencia israelíes para indicar o número de civís que se agarda que morran nun ataque aéreo. Os directores israelís Yuval Abraham e Rachel Szor, autores canda os palestinos Basel Adra e Hamdan Ballal de "No Other Land", rodaron nas azoteas de Tel Aviv os sistemas ocultos tras a calculada e masiva matanza de civís palestinos en Gaza.
Mike Waters e Scott Favor son dous mozos que se gañan a vida prostituíndose nas rúas de Portland.
Pelu é un home que pasa dos trinta e sobrevive malamente co seu soldo de proxeccionista nun cineclub municipal.
Lucila viaxa co seu irmán Diego desde México para encontrarse coa súa nai en Madrid.
Nun futuro non moi lonxano, unha parella aflixida pola perda do seu fillo acolle nas súas vidas a un humanoide coa súa mesma aparencia e voz.
O matrimonio de Joe e Angela atravesa unha situación moi delicada. Cando invitan aos seus enigmáticos veciños de arriba, Pina e Hawk, a unha cea, a noite toma un rumbo inesperado. Conseguirán reavivar a chispa da súa relación ou será a mecha definitiva que fará estoupar todo?
Ensaio documental poético sobre Amílcar Cabral, agrónomo, poeta e revolucionario que liderou a loita anticolonial en Guiné Bissau e Cabo Verde.
En Kronberg, capital dun antigo reino centroeuropeo, a cruel e caprichosa raíña Regina V castiga o seu primo e prometido, o príncipe Wolfram, a ir de manobras baixo o sol durante todo o día pola súa escandalosa escapada da noite anterior. Polo camiño de Kambach, o príncipe e o seu escuadrón crúzanse cun grupo de monxas e mozas novicias dun convento próximo
Na véspera de Samaín, a emoción convértese en consternación cando a plantación de cabazas se bota a perder.
As irmás Elinor e Marianne Dashwood vense obrigadas a abandonar a súa finca de Sussex e a mudarse cun parente lonxano, en cuxa casa de campo afrontarán problemas amorosos e económicos.