Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +16
    • 113 minutos
    • Estrea

    Viva

    Aina Clotet

    Viva fala de Nora, unha muller de corenta e poucos anos que acaba de superar unha enfermidade e que, tras esa experiencia, sente unha urxencia radical por vivir intensamente. Acostumada a esixirse ao máximo en todos os ámbitos da súa vida, Nora encóntrase dividida entre a orde e a seguridade da súa relación de toda a vida con Tom e a aparición inesperada de Max, un mozo que esperta nela unha nova pulsión de desexo e liberdade.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 145 minutos
    • Estrea

    O día da revelación

    Steven Spielberg

    Nun futuro non moi afastado, a humanidade está a piques de descubrir a verdade sobre a existencia de extraterrestres, un segredo que ficou oculto varias décadas. Mentres millóns de persoas se preparan para a revelación, a forma na que entendemos o universo empeza a mudar.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 115 minutos
    • Estrea

    Caso 137

    Dóminik Moll

    Stéphanie, axente de policía de Asuntos Internos, é asignada a un caso relacionado cun mozo gravemente ferido durante unha manifestación. O caso adquire aos poucos un cariz persoal ao descubrir que a vítima é da súa mesma vila ca ela o que transformará o dossier 137 en algo máis ca un simple caso.

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.

  • Xosé Ramón Fandiño presenta «Memoria do vivido» na Libraría NUMAX

    A Libraría NUMAX acolle a presentación do libro Memoria do vivido (Alvarellos) de Xosé Ramón Fandiño xoves 25 de xuño ás 19:30h. O autor estará acompañado por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Martiño Noriega, médico, e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos. A entrada é libre ata completar aforo.