Os filmes máis recentes da carteleira, proxectados nas mellores condicións técnicas e sempre en versión orixinal subtitulada no único cinema do centro da cidade.
Reestrea en copias novas de filmes rodados en celuloide e dixitalizados en 2 e 4K, a partir do escaneo dos negativos orixinais. Volve a ver nunha sala os teus filmes preferidos e os clásicos da historia do cinema.
Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX. Un ciclo que renovamos ano a ano e que reúne os títulos máis arriscados e anovadores da carteleira.
A nosa proposta para crianzas chámase Petís NUMAX, unha estupenda selección de filmes ideal para iniciar na sétima arte ás petís da casa.
O ciclo Pioneiras recupera e pon en valor a figura de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois.
A 20º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego vívese en NUMAX do 13 ao 15 de marzo de 2025.
A sección de Repertorio do mes de abril estará dedicada a un dos maiores xenios da sétima arte, Jean Renoir, de quen proxectaremos obras representativas dalgunhas das súas etapas, desde o realismo poético d'O crime do señor Lange' ou 'Boudu salvado das augas', até o seu regreso a Francia nos 50, con 'French Cancan' ou unha obra capital filmada na India como é 'O río'.
Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso. OK