Presenta

Calendario de eventos

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 165 minutos
    • Repertorio

    Solaris

    Andrei Tarkovsky

    Un científico é enviado á estación espacial dun remoto planeta cuberto de auga para investigar a misteriosa morte dun médico. Adaptación do clásico da ciencia ficción do escritor polaco Stanislaw Lem.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 183 minutos
    • Repertorio

    Barry Lyndon

    Stanley Kubrick

    Adaptación dunha novela do escritor inglés William Tackeray. Barry Lyndon, un mozo irlandés ambicioso e sen escrúpulos, vese obrigado a emigrar a causa dun duelo. Leva a partir de entón unha vida errante e chea de aventuras.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VO
    • +7
    • 74 minutos
    • Estrea

    La primera mirada

    Luis E. Parés

    Documental sobre a primeira escola de cine que houbo en España. Fundada no 1947 como Instituto de Investigacións e Experiencias CInematográficas (IIEC), en 1962 pasou a chamarse Escola Oficial de Cinematografía (EOC)

  • Aínda non está dispoñíbel a programación para este día.
    Lembra que publicamos a nosa axenda semanal cada xoves.
    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • +12
    • 144 minutos
    • Repertorio

    O resplandor

    Stanley Kubrick

    Unha familia trasládase a un hotel illado para pasar o inverno. Axiña, unha presenza demoníaca conduce o pai cara á violencia, mentres o seu psicótico fillo percibe arrepiantes presaxios sobre o pasado e o futuro.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 102 minutos
    • Repertorio

    Madame de...

    Max Ophüls

    Urxida pola necesidade de diñeiro para cubrir os seus cuantiosos gastos, unha condesa vende uns pendentes que lle agasallou o seu marido e a este dille que os extraviou. O xoieiro, indiscreto, cóntalle ao conde o sucedido e véndelle a alfaia que, tras distintos avatares, chega a mans dun diplomático italiano.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 110 minutos
    • Repertorio

    Deliverance (Defensa)

    John Boorman

    Catro amigos que viven na cidade deciden pasar unha fin de semana nos Montes Apalaches, lonxe das súas familias e os problemas da oficina. Queren baixar en canoa un río que atravesa un bosque que axiña será inundado pola construción dunha presa.

    • Cinema
    • DCP2K
    • VOSE
    • 151 minutos
    • Repertorio

    Doctor Sleep

    Mike Flanagan

    Despois dos sucesos d'O resplandor', Danny Torrance (Ewan McGregor) é un adulto que vive atormentado cos feitos sucecidos décadas atrás no Hotel Overlook, cando era un neno de 5 anos.