A cooperativa NUMAX cumpre once aniños e, como vimos facendo nos últimos anos, queremos celebralo con todas vós nunha xornada de portas abertas na que haberá proxeccións, sesión vermú con DJ, xogos de mesa e moitas máis sorpresas. A cita é este sábado 23 de maio ao longo de toda a xornada. Agardámoste!
Unha libraría de Literatura, Arte e Pensamento que xunta unha selección das novidades máis destacadas do panorama editorial cun fondo básico (os 'Básicos NUMAX'). Ver máis
Aquí podedes ler e consultar os contidos da Libraría, desde itinerarios para coñecer o noso catálogo a outros como reseñas, lecturas, resumos da nosa actividade ou listas de recomendacións.
Ir ao blog
Utilizamos cookies para mellorar os nosos servizos. Se continúas navegando, consideramos que aceptas o seu uso.