Actualidade

Libraría

Christo Casas presenta o libro «Maricas malas» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acollerá o xoves 16 de novembro ás 20:30h a presentación do libro de Christo Casas«Maricas malas. Construir un futuro colectivo desde la disidencia», editado por Paidós. No evento estará acompañado polo biólogo, antropólogo e responsable da organización AvanteLGBT+, Xandre Garrido. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis

Cinema

O Cineuropa 37 vívese en NUMAX

Do 10 ao 21 de novembro a programación de NUMAX estará dedicada ao 37º Festival Cineuropa, acollendo algunhas das liñas de programación máis suxestivas do certame. Durante este tempo manteremos os pases matinais das últimas estreas da sala.

Ver máis

Libraría

Teresa Moure presenta a novela gráfica «Zeca Afonso. Balada do desterro» na Libraría NUMAX

A Libraría NUMAX acollerá o xoves 9 de novembro ás 20:00h a presentación da novela gráfica «Zeca Afonso. Balada do desterro» realizada a catro mans pola escritora Teresa Moure e a ilustradora portuguesa Maria João Worm, editada por aCentral Folque. No evento, unha das autoras, Teresa Moure, estará acompañada pola guitarrista Isabel Rei Samartim e o editor Ramon Pinheiro. A entrada é libre ata completar aforo.

Ver máis